MULLER
A Concellería da Muller organiza un obradoiro de autoestima
O vindeiro 23 de maio, e ata o 27, ábrese o prazo para aquelas mulleres que queiran incribirse.
URBANISMO
A zona de Galeras contará con 67 novas vivendas
O reitor da USC, Senén Barro; o alcalde do Concello de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez López; o director xeral do Instituto galego de Vivenda e Solo da Consellaría de Ordenación do territorio, José Antonio redondo e o arquitecto, César Portela, presentaron a primeira fase de renovación urbanística da zona de Galeras, onde se emprazaba o vello Hospital Xeral e na que se promoverá a construción e comercialización dun edificio de...
EDUCACIÓN
Os participantes de "Coñecer as cidades patrimonio" protagonizarán un encontro final en Compostela
Durante os días 20, 21 e 22 de maio terá lugar o encontro final dos centros gañadores do programa didáctico "Coñecer as cidades patrimonio", no que participaran 180 escolares das diferentes Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
TURISMO
Turismo de Santiago crea o primeiro turoperador local mixto de España
O proxecto ‘Compostur’, pioneiro no país, funcionará coma unha empresa mixta para a estruturación e comercialización dos produtos turísticos de Santiago e bisbarra, dando continuidade á política turística do Concello de Santiago en materia de calidade e reforzando a competetitividade de Compostela nos mercados nacional e internacionais.