CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Trisca organiza diversos talleres para o mes de maio
Está aberto o prazo de inscrición para as actividades que organiza o Centro Sociocultural de A Trisca durante todo o mes.
VIVENDA
A Pulleira acollerá un novo polígono con máis de 1.600 vivendas sociais
"Adicamos os mellores polígonos da cidade a vivendas protexidas", suliñou o alcalde Sánchez Bugallo no asinamento do convenio coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia que permitá a construcción dun novo polígono de perto de 1.600 vivendas na Pulleira, no denominado SUNP-36
EDUCACIÓN
Festactiva ofrecerá obradoiros, teatro e ocio para os mozos
Durante os días 2 e 3 de xuño, os rapaces poderán disfrutar dun programa de actividades alternativas no CAmpus Sur de Santiago de Compostela.
TURISMO
Os datos de ocupación de abril superan en máis dun 5 por cento os de 2004
As estatísticas presentadas polo concelleiro de Turismo en rolda de prensa estabelecen en 5,45% o crecemento da ocupación media en hoteis de 3 a 5 estrelas sobre o mesmo mes de 2003, cun aumento de máis de 10 mil pernoctacións dun ano a outro.
EDUCACIÓN
Ballet estudio presenta o primeiro conto bailado co texto en galego
O espectáculo poñerase en escea o venres 13 de maio ás 10.30 e o sábado 14 de maio ás 12 horas. A entrada é de balde, previa retirada nas taquillas do Teatro Principal o mesmo día do acto, en horario de 10 a 12, ata completar o aforo.
EDUCACIÓN
Santiago acollerá unha xornada dedicada ao patrimonio lúdico galego
Os participantes dos I Encontros Escolares Galegos de Xogos Tradicionais poderán probar e poñer en práctica os xogos galegos máis clásicos como o gato e o rato, a billarda, a porca ou a chave durante a xornada do 21 de maio.