CULTURA
Imaxes contra o esquecemento
10/01/2005
Ler máis
Do 9 ao 15 de xaneiro no Teatro Principal, o ciclo de cine "Imaxes contra o esquecemento", organizado pola Concellaría de Cultura de Santiago e Amnistía Internacional en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, tentará lembrar e reivindicar a memoria de todas aquelas persoas que sufriron a represión franquista, durante e despois do levantamento militar.