CULTURA

"A viaxe dos Chévere", co seu director Alfonso Zarauza e coa presenza dos recentemente nomeados Premio Nacional de Teatro, clausura a XXVIII edición de Cineuropa

29/11/2014

Este domingo, a última xornada da XXVIII edición de Cineuropa contará coa presenza, como broche final, de Alfonso Zarauza e o Premio Nacional de Teatro, a compañía Chévere. O motivo é unha nova sesión de A viaxe dos Chévere, filme no que Zarauza repasa a traxectoria da veterana compañía teatral e a súa loita pola cultura en tempos difíciles. Será ás 23:45 horas no Salón Teatro e a entrada de balde con convite.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde anima a seguir traballando para erradicar "a inxustiza social da desigualdade que alenta e motiva a violencia de xénero"

29/11/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, clausuraron o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención de Violencia de Xénero, celebrado na Cidade da Cultura do 27 ao 29 de novembro. Antes da sesión de peche, asistiron ao último relatorio destas xornadas, que correu a cargo do xuíz Fernando Grande Marlasca, presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a primeira fase do proxecto de rehabilitación da Casa das Máquinas

28/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno do proxecto básico e de execución da rehabilitación do edificio da Casa das Máquinas, na rúa Galeras. Trátase dunha primeira fase, que conta cun orzamento material de 241.985 euros e un prazo de execución de seis meses.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Nova iluminación pública para a rúa Carme de Abaixo e a parroquia de Bando

28/11/2014

A Xunta de Goberno autorizou o investimento necesario para a instalación de novas luminarias na rúa Carme de Abaixo e na parroquia de Bando, nos lugares de Castro e de Bando de Arriba, cun investimento conxunto de 7.704 euros. Esta previsión contémplase no contrato de xestión e mantemento do alumeado público.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A pista de xeo abrirá un Nadal máis no paseo central do parque da Alameda

28/11/2014

A Xunta de Goberno autorizou a ocupación da vía pública no paseo central da Alameda para a instalación da pista de patinaxe sobre xeo. O recinto estará aberto dende un día aínda por determinar durante a ponte da Constitución ata o 1 de febreiro, se ben se podería ampliar o tempo se a demanda así o aconsellara.

Ler máis

NADAL

Cidadáns, visitantes e peregrinos decorarán a árbore de Nadal que se situará na Praza Roxa co nome de "A árbore das ilusións"

28/11/2014

O Concello de Santiago promove a iniciativa "A árbore das ilusións". Trátase de decorar "entre todos e para todos" a árbore de Nadal que se situará na Praza Roxa. Peza a peza, búscase representar as ilusións e desexos dos veciños de Santiago, partindo da idea de que en moitas culturas a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva.

Ler máis
Compartir: