EDUCACIÓN
A celebración do Día Europeo da Música saca á rúa os novos intérpretes das escolas musicais de Compostela
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou en rolda de prensa as actividades con motivo do Día Europeo da Música, que se celebra o 21 de xuño. Con tal motivo, do 18 ao 22 de xuño celebraranse concertos, veladas musicais, obradoiros e exposicións en diversas rúas, prazas e institucións de Compostela.
TURISMO
Xornalistas irlandeses visitan a cidade
Xornalistas irlandeses coñecerán estes días Santiago de Compostela, nunha viaxe organizada por Turismo de Santiago en colaboración coa Asociación Hostalería Compostela e a Oficina Española de Turismo (OET) de Dublín, que ten por obxectivo promocionar Santiago no mercado irlandés e impulsar a conexión aérea que une Santiago e Dublín.
ALCALDÍA
A Fundación Xacobea do Mar de Arousa presentoulle ao alcalde o XXVIII Remonte de conmemoración da traslación apostólica
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa, Javier Sánchez-Agustino.
CULTURA
aCadaCanto, en directo en Santiago
O mércores 13, ás 21:00 horas, terá lugar no Teatro Principal, dentro do ciclo ‘Íntimo&Acústico’, o concerto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero co proxecto aCadaCanto, o novo disco de Músicas de Salitre no que conflúen por primeira vez de maneira conxunta as carreiras musicais destes catro músicos. Compañeiros noutras formacións coma Berrogüetto, Espido ou Nova Galega de Danza, os catro xúntanse na gravación do sexto disco de Músicas de...
ALCALDÍA
Santiago de Compostela acolle o IX Foro Internacional de Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior
A Escola Galega de Administración Pública acolle do 12 ao 15 de xuño o IX Foro Internacional de Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (FECIES). O alcalde recibiu os participantes no salón nobre de Raxoi.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o verán" aposta pola conciliación e lévaa tamén ás parroquias do rural
O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou o programa Vive o verán 2012, que de desenvolverá durante os meses de verán en centros socioculturais e noutros espazos da cidade. A iniciativa, que comprende un total de 15 actividades, aposta pola conciliación familiar e laboral e por levar tamén a diversión aos centros do rural.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais programa concertos en diferentes lugares de Santiago
Os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán este días de xuño un ciclo de concertos en diferentes lugares singulares de Santiago. A iniciativa, chamada A Escola na cidade, inclúe un concerto da orquestra de cámara no Teatro Principal e seis concertos de cámara no Hostal dos Reis Católicos, na igrexa da Universidade, no Paraninfo e no Centro Galego de Arte Contemporánea. O ciclo é froito da colaboración entre o Concello e o Consorcio de Santiago, co apoio da USC, o CGAC e o Hostal dos Reis...
BENESTAR SOCIAL
As bolsas de comedor escolar introducen unha modalidade adicional de conciliación
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, deu conta das bases para solicitude de bolsas de comedor escolar para o curso 2012-2013. Nesta convocatoria introdúcense novidades nos baremos e inclúese unha modalidade específica de conciliación. O prazo de solicitude será de dez días hábiles dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
PERSOAL
Amelia González di que na redución no capítulo de persoal "só se van tocar as gratificacións por xubilación"
A concelleira de Persoal, Amelia González, explicou en rolda de prensa a última proposta municipal aos sindicatos para reducir os 350.000 euros previstos polo Plan de Axuste para o capítulo de persoal. Indicou que a redución "só afectará aos traballadores municipais na redución nun 60% das gratificacións por xubilación".
ALCALDÍA
O alcalde afirma que a feira de gando ten un futuro asegurado coas inversións necesarias e facéndoa compatible con outros eventos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, referiuse ao futuro do mercado de gando de Amio tras a recente reunión mantida co responsable da concesionaria, Raul López. Afirmou que nesta xuntanza atopou "comprensión e colaboración" e a disposición da empresa a asumir os investimentos necesarios nas instalacións.