URBANISMO
Santiago liderará a análise do impacto da chegada do AVE ás cidades do sudeste europeo
O Concello de Santiago presentou a súa candidatura como Xefe de Fila do proxecto OBSER-TAV "Análise do impacto integral da chegada do tren de alta velocidade ás cidades sudeste europeo". A proposta do proxecto que lidera Santiago enmárcase na prioridade IV do Programa Operativo: "Impulso do desenvolvemento urbano sostible aproveitando os efectos positivos da cooperación trasnacional"; e no obxectivo específico de aumentar o protagonismo socioeconómico dos municipios e rexións do sudeste europeo mediante a súa...
EDUCACIÓN
Cen mozos comparten os valores do Camiño de Santiago como rota de encontro
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, acompañada doutros membros da Corporación recibiu en Raxoi aos cen mozos de Aragón, Burgos, Valladolid, León e A Rioxa que participan no "Camiño de Encontro", unha viaxe pola ruta xacobea organizada por Caja Laboral.
MERCADOS
Bufóns, artesáns e animación na Compostela máis medieval
O Mercado Medieval abriu as súas portas nas rúas e prazas da cidade histórica. Ata o domingo 6 de xullo, os bufóns, os artesáns ou os mercadores serán algúns dos personaxes que recrearan a Compostela máis medieval, nunhas xornadas chegas de actividades propias ou evocadoras da época.
ALCALDÍA
Vía libre á construción do Museo de Historia Natural na Finca Vista Alegre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a Xunta de Goberno do 7 de xullo aprobará a modificación puntual do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica no ámbito do Parque Universitario de Vista Alegre. Este cambio permitirá que o Consorcio constrúa o futuro Museo de Historia Natural "Luís Iglesias".
TURISMO
Turismo de Santiago entrega os primeiros premios de "SANTIAGO(é)TAPAS"
O sábado 28 de xuño arrincou o Concurso de Tapas SANTIAGO(é)TAPAS, e mostra do elevado interese que ten suscitado a iniciativa son os 2.037 Tapasportes que ata o mediodía do luns 30 se tiñan entregado na oficina do concurso, situada na Praza de Galicia. Tamén os 45 estabelecementos de hostalaría participantes I Concurso de Tapas de Compostela contan con Tapasportes a disposición do público. En total son máis de 4.000 os tapasportes distribuídos.
CULTURA E MEDIO AMBIENTE
Actividades ao aire libre para vivir o verán en Compostela
Xogos, roteiros, romarías, ximnasia e visitas culturais son algunhas das propostas do Concello para aproveitar o verán con actividades ao aire libre. Forman parte do programa "Vive o verán", cuxo calendario foi presentado en Raxoi.
TURISMO
Comeza Curtocircuíto na Rúa
O xoves 3 de xullo dá comezo Curtocircuíto na Rúa, o ciclo de curtas que organiza o festival Curtocircuíto. A Praza do Toural acollerá a primeira das proxeccións, unha selección das curtas gañadoras da IV edición de Curtocircuíto. Reunirá curtas de Líbano, Sudáfrica, Italia, Francia, Reino Unido e tamén se proxectarán dúas curtametraxes galegas: Cousas do Kulechov e Historia da Arte.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica habilita un espazo web para o servizo de Estatística
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo habilitou un espazo web, www.estatistica.maiscompostela.org, para o servizo de Estatística. O Observatorio Estatístico supón a evolución natural da anterior Oficina de Estatística municipal, e pon a disposición das persoas interesadas unha radiografía en cifras da realidade de Santiago de Compostela.
CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio aproba o pagamento de máis de 2 millóns de euros para a expropiación da Casa do Cabildo
A Comisión Executiva do Consorcio, presidida polo alcalde e presidente do organismo, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou o pagamento para a expropiación da Casa do Cabildo por un total de 2.289.170 euros.
DEPORTES
Santiago acollerá parte das probas do Campionato de España Junior e Sub-23 de ciclismo
Os Concellos de Santiago, Cerceda, Negreira, Ordes e Oroso serán as sedes das sete probas do Campionato de España Junior e Sub 23 que organiza a Federación Galega de Ciclismo co patrocinio da Fundación Compostela Deporte e dos devanditos concellos. A competición celebrarase os días 11, 12, 24, 25 e 26 de xullo.