NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os máis pequenos aprenderán as tarefas dunha granxa mentres se desenvolven en galego
A Concellaría de Normalización Lingüística, dirixida por Guadalupe Rodríguez, vén de poñer en marcha unha iniciativa novidosa: facer que os nenos se expresen en galego ao tempo que coñecen o funcionamento dunha granxa ou se inician nas tarefas propias dunha horta ou dun invernadoiro. Todo isto poderán facelo na granxa escola campamento da Fervenza do Toxa, en Silleda.
PSICOLOXÍA
Santiago acolle un curso de verán no que se ensina a transmitir malas novas
Os participantes do curso "Como transmitir malas noticias. Aspectos psicolóxicos, clínicos e ético-xurídicos" foron recibidos no día de hoxe polos representantes municipais. Profesionais de diversos ámbitos atópanse en Santiago para asistir a este curso de verán que organiza a Facultade de Psicoloxía.
TURISMO
‘En Compostela 2008-2009’ recibirá aos clientes dos hoteis da cidade
Como todos os anos, Turismo de Santiago edita a publicación ‘En Compostela’, unha revista de luxo que permanecerá entre 2008 e 2009 nos hoteis de categoría superior e nos mostradores dos congresos para ‘tentar’ visualmente aos visitantes da cidade.
CONSORCIO
O Consorcio destina 250.000 euros para acondicionar as ribeiras do río Sarela no tramo do Xardín Botánico
As obras de acondicionamento das ribeiras do río Sarela, no tramo que afecta a actuación do Xardín Botánico, serán fianciadas polo Consorcio de Santiago, segundo un convenio asinado hoxe entre o alcalde e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da USC, Senén Barro. A contía do orzamento previsto para este fin é de 250.000 euros.
SANIDADE
O alcalde visita as novas instalacións do hospital de La Esperanza
Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu esta mañá ao hospital privado La Esperanza, sito na Avenida das Burgas, para visitar as instalacións deste centro que experimentou unha gran transformación nos últimos seis anos.
XUNTA DE GOBERNO
O barrio de Fonte do Ouro estreará nova cara para finais de novembro
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto para a reabilitación do barrio Fonte de Ouro e Ponte de Asén, redactado por Arquitav Arquitectos. Comezarase deste xeito coa primeira fase de reforma do barrio, que terá continuidade noutras dúas, e que contempla actuacións tan relevantes como a recuperación da fonte que da nome á zona.
TRANSPORTES
A Xunta de Goberno aproba as normas do servizo de préstamo de bicicletas que comezará a funcionar esta semana
O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, deu conta das normas que os usuarios do servizo de bicicletas deberán seguir para o seu uso, trala aprobación das mesmas pola Xunta de Goberno Local. Este programa de alugueiro, que busca potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano, estará en pleno funcionamento a partir desta semana.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo ao polígono 4 de Fontiñas
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa primeira sesión de xullo as modificacións pertinentes a introducir no proxecto do polígono 4 de Fontiñas, situado entre a rúa Berlín e o Camiño Francés. Foi un dos puntos salientables en materia de urbanismo, xunto coa modificación do acordo que afecta á rehabilitación do edificio do Pilar.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica organiza o 9 de xullo unha conferencia sobre I+D destinada a empresarios
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, organiza, o mércores, 9 de xullo, ás 20.00 horas, no Centro Empresarial, unha conferencia gratuÍta sobre investigación e desenvolvemento, na que tamén colabora a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT).
CONSUMO
Unha guía da OMIC lémbralles aos consumidores os seus dereitos á hora de viaxar
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia pon a disposición dos cidadáns de Compostela un ano máis a Guía de Viaxes e Vacacións. Trátase dun instrumento moi útil para desenvolverse nas vacacións e para coñecer todos os dereitos do consumidor nestas datas en que a denegación de embarque (overbooking), a perda de maletas ou as ofertas enganosas están tan á orde do día.