VIVENDA
Os membros do proxecto SUITE reúnense en Santiago para preparar as súas conclusións
O encontro, que terá lugar durante os días 7 e 8 de outubro na sala de debates do Centro de Estudos Avanzados do Parque de Vista Alegre, ten como obxectivo avaliar o traballo desenvolvido ata o momento e preparar as conclusións finais do estudio desenvolvido ata agora, co obxectivo de coñecer as necesidades das novas familias.
XUNTA DE GOBERNO
Case 700.000 euros para programas de dinamización social e formación de colectivos en risco de exclusión
A Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente, por 690.706 euros, o Servizo de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión do proxecto europeo Urbana Santiago Norte.
ALCALDÍA
Recepción aos presidentes das Audiencias Provinciais de España
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello os presidentes das Audiencias Provinciais de España.
BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Charlas e talleres para abordar a relación da muller co sistema sanitario
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou o programa "Muller e Saúde", un conxunto de charlas e cursos que xirarán en torno á relación da muller co sistema sanitario. Formar axentes de saúde é un dos obxectivos desta iniciativa, que busca tamén exteriorizar as dificultades que enfermas crónicas e coidadoras teñen no día a día.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recoñece o labor da Policía Nacional para facer de Santiago de Compostela unha cidade segura
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de entrega de condecoracións da Policía con motivo da Festividade dos Santos Anxos Custodios.
CULTURA
Teatro, danza e música clásica na programación cultural de outubro
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a programación cultural para este outubro, onde destaca Teatro de La Abadía, que chega a Santiago cun texto de Samuel Beckett; Projects in movement, do coreógrafo israelí Sharon Fridman; ou as orquestras sinfónicas de Navarra e de Porto Casa da Música.
ALCALDÍA
Máis de 300 emprendedores de 88 viveiros reúnense en Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o II Encontro Nacional de Viveiristas, que se celebra no Palacio de Congresos os días 4 e 5 de outubro.
EMPREGO
A Feira do Emprego inclúe un seminario sobre a busca de traballo en internet
As actividades programadas na I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, inclúen un seminario sobre información para a busca efectiva de emprego a través de internet. A Feira celébrase o 7 e o 8 de outubro.
CONSORCIO
O programa ConCiencia e o seu coordinador, galardoados polo certame Ciencia en Acción
O concurso Ciencia en Acción, que celebrou en 2010 a súa undécima edición, acaba de premiar ao Programa ConCiencia cunha Mención de Honra e ao seu coordinador, o profesor Jorge Mira, coa Medalla de Honra do concurso.
ALCALDÍA
O alcalde visitou o Santiago Outlet
O Santiago Outlet, instalado no recinto feiral de Amio, permanecerá aberto ata o domingo en horario de 10:00 a 21:00 horas. Tres mil metros cadrados de exposición acollen 61 expositores. Cada media hora hai un autobús que parte da praza de Galicia de balde. Ademais, dispón de servizo gratuíto de aparcamento, así como de gardería.