CONSORCIO
O prestixioso pianista escocés Steven Osborne toca esta semana coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves 21 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Levará a batuta o director franco-suízo Lorenzo Viotti.
CONVIVENCIA
A Policía Local súmase á campaña da DXT para o control da velocidade
O Concello de Santiago volve sumarse á campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade, que promove a Dirección Xeral de Tráfico. Por iso, a Policía Local levará a cabo controis de velocidade nas principais vías urbanas, desde hoxe e ata o próximo domingo 24 de abril.
ACCIÓN CULTURAL
Limiar Teatro presenta "Don Quixote", unha comedia gastronómica con textos de Cervantes e outros dirixida ao público infantil
Limiar Teatro presenta Don Quixote, unha comedia gastronómica con Fran Núñez dirixida por Nuria Gullón, que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes. Será este martes 19 de abril, a partir das 18:30 horas, no Teatro Principal. A obra está dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos.
ALCALDÍA
Homenaxe a Miguel Álvarez-Pardiñas, propietario da Libraría Toural
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto de lembranza a Miguel Álvarez-Pardiñas, con motivo do Día Internacional do Libro. Propietario da Libraría Toural, o homenaxeado faleceu o pasado mes de febreiro á idade de 51 anos. O establecemento pechará as súas portas o vindeiro 30 de xuño.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Comezou o Certame de Teatro Intercentros
Este domingo comezou o XXI Certame de Teatro Intercentros, coas primeiras representacións do grupos de teatro dos centros escolares de secundaria en xornada de mañá e tarde. A cita é no Teatro Principal, onde as representacións continuarán o luns 18, cos demais grupos de secundaria, e o luns 9 de maio, coas funcións dos grupos de primaria.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou onte unha vítima en Sant Feiliu de Llobregat (Barcelona).
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno legaliza a rehabilitación da antiga fábrica de curtidos de Ponte Sarela
A Xunta de Goberno acordou hoxe a legalización da rehabilitación e ampliación da antiga fábrica de curtidos da Ribeira de San Lourenzo, no lugar de Ponte Sarela. A nova Lei do Solo de Galicia, aprobada en febreiro pasado, permite esta medida, ao modificar o tratamento lexislativo anterior sobre as actuacións sobre edificacións existentes de carácter tradicional. Deste xeito, o Concello non terá que executar a sentenza do Tribunal Supremo que ratificaba anteriores fallos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos que se obrigaba a...
CONSORCIO
Os aboados da Real Filharmonía de Galicia recibirán unha enquisa para opinar sobre a hora de comezo dos concertos da orquestra
O Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, organismo responsable da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Auditorio de Galicia, sede da orquestra, van realizar un estudo para valorar a posibilidade de cambiar os horarios de inicio dos concertos da RFG. Así, os aboados recibirán estes días nos seus domicilios unha enquisa que permitirá coñecer as preferencias da maioría, así como os horarios incompatibles coas profesións doutros.
ACCIÓN CULTURAL
Artistas galegos, tradición e vangarda protagonizan as Festas da Ascensión 2016
A concelleira de Acción Cultural deu conta esta mañá da programación para as Festas da Ascensión 2016, que se celebran este ano do 4 ao 8 de maio. Branca Novoneyra destacou que se trata "dunha programación que conxuga tradición, vangarda, grupos locais e actividades para os máis cativos da casa, que serán uns dos protagonistas desta festividade".
LINGUA
Música, contacontos, obradoiros e teatro enchen a programación infantil co Apego
O Concello de Santiago ten preparada unha completa programación infantil para a primavera, ao abeiro do proxecto Apego. O alcalde, Martiño Noriega, e a técnica municipal de Lingua, Socorro García, presentaron hoxe o calendario para os vindeiros meses, que estarán cheos de teatro, contacontos, música, e obradoiros para as familias.