OBRAS
Ábrese á circulación a rúa Clara Campoamor
Este mediodía abriuse á circulación a rúa Clara Campoamor, despois da reurbanización executada polo concello de Santiago que permitiu actuar sobre uns 800 metros de vial e sobre unha superficie duns 19.000 metros cadrados. O resultado: un carril para buses e taxis que poderán acceder directamente á terminal de autobuses cando entren pola Avenida de Lugo; un carril bici fronte ás Brañas do Sar, dúas beirarrúas e outros dous carriles de doble sentido circulación. No acto de apertura interviron o alcalde de...
ACCION CULTURAL
Marta Abal visita a exposición "Carvalho Calero, a voz presente" que se pode ver ata mañá na biblioteca Ánxel Casal
A concelleira de Acción Cultural en funcións, Marta Abal, estivo presente hoxe na visita institucional á mostra itinerante "Carvalho Calero, a voz presente" que estará exposta na biblioteca Ánxel Casal ata mañá, 17 de outubro. Componse de 12 paneis que amosan a vida, obra e pensamento deste insigne galeguista. Unha liña de tempo que destaca en orde cronolóxica os acontecementos máis relevantes de cada unha das etapas vitais do autor ferrolán. Así mesmo, a súa pegada vital e intelectual...
TURISMO
Ábrese o prazo de inscrición para o XIII Santiago(é)Tapas
Este venres, 16 de outubro, comeza o prazo de inscrición para a XIII edición do
Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por
Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, co apoio
da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou. A día de hoxe está confirmada
tamén a colaboración de Coca Cola.
IGUALDADE
O concello de Santiago lanza a campaña "Sen cómplices non hai trata"
A Concellería de Igualdade do Concello de Santiago lanza un ano máis unha campaña de sensibilización social contra a explotación sexual de persoas con motivo da celebración do Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos que se celebra o vindeiro domingo 18 de outubro.
TURISMO
Sindo Guinarte clausura a xornada formativa para o sector de congresos no contexto do Covid-19
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, clausurou o curso Adaptación ao Contexto Actual e Recuperación do Turismo MICE, dirixido ao sector dos Congresos, Reunións, Eventos e Incentivos da cidade, que se celebrou esta mañá ás 11.30 no Palacio de Congresos, cun formato híbrido con asistencia de público fisicamente, respetando en todo momento as medidas de control sanitario, e coa posibilidade de asistir On-line.
IGUALDADE
Santiago súmase ao Día Internacional das Mulleres Rurais cunha declaración institucional consensuada por todos os grupos da Corporación Municipal
Santiago de Compostela sumouse hoxe ao Día internacional das Mulleres Rurais, coa lectura dun manifesto na Praza do Obradoiro, consensuado por todos os grupos da Corporación Municipal, no que, entre outros puntos, se amosa o compromiso do concello en continuar traballando para a promoción de actuacións programas e estratexias dirixidas a garantir oportunidades laborais das mulleres do rural, e facilitar medidas de conciliacion e corresponsabilidade que permitan o seu pleno desenvolvemento persoal, familiar e laboral. Na lectura do manifesto interviron o alcalde...
SEGURIDADE CIDADÁ
Esta medianoite entra en vigor o decreto que endurece as sancións por ruidos
A concellaría de Seguridade Cidadá acaba de emitir un decreto, que entrará en vigor ás 24:00 h. da madrugada, que contempla, segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, "un endurecemento de determinado tipo de sancións que poden afectar negativamente á convivencia, especialmente a través dos ruidos". Ata o de agora as multas eran de 200 euros. A partir de mañá, 16 de outubro, incrementaranse segundo as franxas horarias nas que se cometa a infracción: entre as 22:00 e as 24:00 h. seguirá...
MOCIDADE
A mocidade de Compostela pode desfrutar, ata o 18 de decembro, de Noites Alternas, un programa que busca xerar dinámicas saudables e construtivas entre a xuventude
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou o programa Noites Alternas, unha iniciativa de lecer nocturno alternativo destinada á mocidade que ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverte en beneficios da xuventude e da sociedade en xeral.
TURISMO
Turismo de Santiago organiza unha xornada formativa para o sector de congresos no contexto da Covid-19
Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau, organiza o curso Adaptación ao Contexto Actual e Recuperación do Turismo MICE, dirixido ao sector dos Congresos, Reunións, Eventos e Incentivos da cidade. O curso terá lugar mañá ás 11.30 no Palacio de Congresos, cun formato híbrido con asistencia de público fisicamente, respetando en todo momento as medidas de control sanitario, e coa posibilidade de asistir On-line.
ACCION CULTURAL
Amal 2020 trai ao Teatro Principal cinco premieres de cinema árabe en Galicia do 26 ao 30 de outubro, con historias femininas e de humor
A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas presentou hoxe a décimo oitava Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2020 no hotel Eurostars Araguaney de Santiago. No acto participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o presidente da Fundación Araguaney- Ponte de Culturas e director do Festival Internacional de Cinema Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez; e o secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.