EMPREGO
Trinta alumnos fórmanse en servizos de bar no marco do Pacto Local polo Emprego
A concelleira de Benestar Social e Emprego, Paula Prado, presentou o Curso de Servizos de Bar e Cafetería que se está a realizar na sede da Asociación Hostalería Compostela. As dúas quendas desta formación están dirixidas, respectivamente, a mozos de entre 18 e 25 anos e a desempregados en xeral.
CULTURA
Cineuropa recoñece a heteroxénea traxectoria da actriz e cantante Najwa Nimri
O alcalde compostelán, Ángel Currás, entregoulle o premio Cineuropa á actriz e cantante Najwa Nimri, nun acto celebrado no salón vermello de Raxoi. A artista presenta o seu novo disco, Donde rugen los volcanes, nun concerto este sábado, 24 de novembro, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Unha nova publicación eloxia a figura de Gerardo Fernández Albor
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu en Raxoi a presentación do libro Gerardo Fernández Albor, la elegancia del compromiso, escrito por Enrique Beotas e Sergio Casquet, e editado por Quindici Editores.
EDUCACIÓN E MEDIO AMBIENTE
Arte contemporánea en conxunción coa natureza no parque da Alameda
As concelleiras de Educación, Rebeca Domínguez, e de Medio Ambiente, María Castelao, participaron na actividade Land Art, organizada polo CEIP Pío XII na Alameda.
MULLER
O Concello conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero cunha andaina solidaria e actividades dirixidas aos escolares
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Con este motivo, a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha serie de actividades. O seu obxectivo é condenar a violencia de xénero, concienciar e sensibilizar sobre a súa erradicación e promover a empatía e a autoestima para tomar partido en contra da violencia cara as mulleres.
MOBILIDADE
Tráfico adopta medidas para axilizar a circulación e mellorar a seguridade peonil no entorno do centro comercial das Cancelas
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, deu conta das reunións mantidas nos últimos días cos responsables do Centro Comercial As Cancelas, co fin de analizar a saturación de tráfico producida nos primeiros días de apertura do recinto. Así, vanse adoptar medidas para axilizar o tráfico e para mellorar a seguridade peonil.
XUNTA DE GOBERNO
Novo procedemento para contratar a explotación do quiosco da Alameda
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o inicio dun novo procemento para contratar a explotación dun bar-cafetería no quiosco da Alameda. Ademais, aprobáronse os proxectos de reurbanización da rúa de San Pedro e de reparación de firmes e pavimentos en varias rúas do Ensanche.
ALCALDÍA
Premio para a xestión da auga en Santiago
TÜV, empresa certificadora do sistema de xestión de inocuidade, entregou a certificación ISO 22000 ao Servizo Municipal de Augas de Santiago de Compostela, que xestiona a empresa concesionaria Aquagest.
TURISMO
Santiago de Compostela promocionou a súa gastronomía en Barcelona
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou en Barcelona nunha das accións de promoción gastronómica que o Grupo de Cidades Patrimonio está a realizar dentro do programa de actividades de celebración do 40º aniversario da Convención do Patrimonio Mundial.
ALCALDÍA
Inaugurado o XXV Congreso da Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na Facultade de Químicas á inauguración do XXV Congreso da Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). O encontro celébrase os días 22, 23 e 24 de novembro no IES Xelmírez I e na Facultade de Químicas.