NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Santiago participará con outros oito concellos nunha nova convocatoria do Club de Debate

22/01/2015

Por cuarto ano consecutivo, varios concellos galegos –entre eles o de Santiago de Compostela- a través dos seus servizos de normalización lingüística,poñen o marcha o Club de Debate, un programa co que se incentiva e valora o falar en público, a oratoria, o uso do galego oral ou o pensamento crítico. Os representantes dos concellos que fan posible este programa de dinamización lingüística asinaron en Carballo a addenda ao protocolo de colaboración co que se organiza este proxecto dende o curso 2011-2012.

Ler máis

EMPREGO

A Axencia Local de Colocación conta xa con 27.000 usuarios e mediou na cobertura de máis de 600 postos de traballo en tres anos

21/01/2015

A Axencia Local de Colocación cumpriu o seu terceiro ano (dende xuño de 2012) procurando facilitar os procesos de inserción laboral mediante actividades de prospección, xestión de ofertas, orientación laboral e formación. Neste período, déronse de alta na Axencia 27.000 usuarios e 432 empresas que publicaron as súas ofertas a través da mesma.

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello incrementa nun 32% a achega a Cáritas, que alcanza os 140.000 euros en 2015

20/01/2015

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participou no acto de entrega de diplomas acreditativos de accións formativas promovidas por Cáritas Interparroquial de Santiago dentro do II Plan Galego de Inclusión Social e do Proxecto Integra-Rocha, dos que se beneficiaron 73 persoas de colectivos de difícil inserción.. O Concello vén colaborando activamente con esta entidade social e para 2015 incrementou nun 32% a partida destinada á mesma nos orzamentos municipais, pasando dos 106.000 aos 140.000 euros.

Ler máis

CULTURA

O ciclo Sons’15 propón dez novos concertos para os meses de xaneiro a marzo

20/01/2015

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do ciclo Sons’15 para os meses de xaneiro a marzo, cun total de 10 propostas. Fíxoo acompañado de membros de Pandeiromus e A Roda, que son os dous primeiros grupos que ofrecerán a súa música no ciclo, neste mes de xaneiro. A Roda contará ademais no seu concerto cunha artista convidada: Najla Shami.

Ler máis

TURISMO

Entregados os premios do Santiago(é)Tapas

20/01/2015

Celebrouse no Hostal dos Reis Católicos a gala de entrega de premios do VII Santiago(é)Tapas, celebrado do 14 ao 30 de novembro. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu ao evento.

Ler máis

SEGURIDADE E MOBILIDADE

Comezaron as restricións ao tráfico no periférico con motivo da execución da fase 1 das obras do enlace de Conxo

19/01/2015

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, supervisou o inicio das restricións de tráfico con motivo das obras do paso inferior de Conxo. Redúcese o número de carrís a 2 a 1 na calzada sentido Pontevedra, na contorna da glorieta de Conxo, e prohibirase o xiro á esquerda na rotonda ao tráfico sentido Pontevedra, así como o acceso dende a rúa Sánchez Freire e avenida de Ferrol á glorieta. Prégase aos vehículos que circulen pola SC-20 (periférico) en sentido...

Ler máis
Compartir: