ALCALDÍA

Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de creación literaria "Literatela"

23/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou o obradoiro de creación literaria Literatela (Literatura de Compostela). Na rolda tamén estiveron o escritor Suso de Toro, que imparte o curso, e a secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Mercedes Queixas, entidade que organiza a actividade xunto co Concello.

Ler máis

FESTAS

Música, xigantes e cabezudos e o espectáculo dos Fogos, na xornada do 24 do Apóstolo

23/07/2015

A xornada do 24 de xullo ten como prato forte un dos eventos máis esperados das festas: o espectáculo nocturno dos Fogos do Apóstolo. Será na praza do Obradoiro a partir das 23:30 h, deseñados este ano por Acciona Producciones e Diseño-Pirotecnia Ricasa. Pero hai outras moitas citas na xornada, que comeza ás 12:00 h co Encontro de Xigantes e Cabezudos na praza da Quintana e xa ás 12:30 h na do Toural. A partir das 22:00 h teremos concerto de Linda Martini na praza da Quintana, onde tamén estarán, pero xa ás 24:00 h...

Ler máis

FESTAS

Imelda May e o peche da programación de Artellando coa Romaría Cativa de Bonaval, na xornada do xoves das festas do Apóstolo

22/07/2015

Artellando pon punto e final á súa programación este xoves pola tarde con Mamá Cabra, María Fumaça, danza, circo, obradoiros e xogos infantís na Romaría Cativa de Bonaval que se celebra de 16:00 a 21:00 horas. Na xornada deste xoves teremos tamén Artellando nos barrios e nos recunchos pola mañá e á noitiña; concerto da Banda Municipal xunto a Cantigas e Agarimos en Praterías ás 20:00 h e pechamos o día con Imelda May e Rockin’ Corsarios ás 21:00 h na praza...

Ler máis

FESTAS

Xornada de circo e folk nas festas do Apóstolo

22/07/2015

O parque de Belvís converteuse este mércores nun gran parque do circo, grazas á Gala de Novo Circo Compostelán Circompostela, organizada por Culturactiva e por PistaCatro dentro da programación Artellando das festas do Apóstolo 2015. Ao tempo, pero na praza da Quintana, soou o folk de formacións como Pepe Vaamonde Grupo ou Tis Che Tein.

Ler máis

ALCALDÍA

Concello e TSXG colaborarán na busca de protocolos que permitan detectar antes os casos de desafiuzamento

22/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse na Coruña co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, co que falou sobre desafiuzamentos. A vontade municipal é a de buscar fórmulas de colaboración que permitan detectar con maior precocidade estes casos, non nos seus estados finais, de xeito que os servizos sociais poidan actuar antes e con máis eficacia.

Ler máis
Compartir: