XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba melloras na área deportiva de Conxo e na zona do Romaño

19/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu conta en rolda de prensa dos asuntos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno, entre os que salienta a aprobación de dous proxectos: un de melloras na área deportiva de Conxo e outro de actuacións viarias e de saneamento na zona do Romaño e Pontepedriña de Arriba. Así mesmo, concedeuse unha licenza para a instalación dunha plataforma elevadora nun edificio catalogado da rúa Nova de Arriba e asinouse un novo convenio con Gas Galicia para subministro ao sunp...

Ler máis

EDUCACIÓN

O Teatro Principal acolle o Festival de Nadal dos alumnos da Escola Municipal de Música coa participación de máis de 250 alumnos

19/12/2014

A cita é hoxe venres ás 19.00 h e conta coa asistencia da concelleira de Educación, María Corral. Mañá sábado, continúan as actividades da EMMS cun concerto ás 12 na praza do Toural no que participarán Orquestra, Orquestriña e a Banda, agrupacións integradas todos elas polo alumnado e o profesorado da EMM. Ditas propostas veñen sumarse a ampla programación cultural e educativa da nosa cidade nestas datas.

Ler máis

MOBILIDADE

Recomendacións da Policía local para facilitar a mobilidade nos viais da cidade por mor dos desprazamentos das festas

19/12/2014

As festas de Nadal levan consigo o incremento dos desprazamentos por compras e a correspondente concorrencia de público en zonas comerciais. A Policía Local de Santiago afánase en colaborar na mellora do tráfico rodado ao ser a época do ano que máis intensidade circulatoria rexistra nas zonas comercias da cidade. Ao mesmo tempo e co principal obxectivo de favorecer a circulación rodada no centro e entorno dos centros comerciais, dende a Policía Local recomendase que na medida do posible se eviten esas franxas horarias.

Ler máis

COMERCIO

Quince postos e obradoiro de monicreques para os máis pequenos este sábado nun novo Mercado de San Pedro

18/12/2014

Produtos variados subministrados por comerciantes do Barrio e actividades para nenos serán protagonistas no segundo dos Mercados de San Pedro, que se celebrará este sábado 20 entre as 11 e as 15 horas. A praza 8 de Marzo acollerá quince postos de venda nesta iniciativa, organizada polo Concello de Santiago e cofinanciada con fondos europeos FEDER no marco do programa Urbana Santiago Norte.

Ler máis
Compartir: