CONSORCIO

O violoncellista granadino Guillermo Pastrana toca coa Real Filharmonía de Galicia nos seus concertos en Santiago e Ferrol

26/01/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O mércores día 28, a orquestra desprazarase a Ferrol, onde actuará no Teatro Jofre, ás 20:30 horas. E o xoves 29 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.

Ler máis

TURISMO

Santiago consolida a súa recuperación turística co mellor dato de pernoctacións dende o Ano Santo 2010

24/01/2015

No ano 2014 consolidouse a recuperación turística de Santiago de Compostela, cun total de 1.164.673 pernoctacións. É a mellor cifra dende o Ano Santo 2010 e a terceira mellor dos últimos dez anos, só por detrás do propio Ano Santo e do ano 2009. Deste xeito, Santiago superou no 2014 as cifras dos anos anteriores, senón tamén as cifras dos anos previos ao comezo da crise económica. Por exemplo, no ano 2007 houbo 1.153.533 e no 2006 1.021.930.

Ler máis

CULTURA

"Música con sabor español" este domingo no Teatro Principal coa Banda Municipal

23/01/2015

O virtuosismo emocional e pasional será o leitmotiv que guiará o percorrido da Banda Municipal pola música nacionalista española, onde a evocación, a profunda tradición relixiosa do noso pobo e a herdanza árabe conflúe no flamenco como forma de expresión dos sentimentos máis profundos, con suxestivos ritmos, xiros musicais e sonoridades. Será este domingo, 25 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

CULTURA

Música clásica, tradicional, teatro e humor no programa cultural para esta fin de semana

23/01/2015

O programa cultural desta fin de semana ofrece cinco propostas que xiran arredor da música clásica, a tradicional, o teatro e o humor. Na xornada do sábado teremos ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia, concerto coa Real Filharmonía de Galicia no ciclo Infantil & Familiar; ás 20:30 horas, Pandeiromus presenta o seu novo disco no Teatro Principal, enmarcado en Sons’15 e, ás 21:00 horas, chega ao Auditorio Abanca e dentro do ciclo Teatro 2015, El nombre de la rosa. O domingo, ás 12:00 horas, no Principal haberá...

Ler máis
Compartir: