XUNTA DE GOBERNO

O Concello solicita a declaración da área de rehabilitación integral de Vite

07/08/2015

A Xunta de Goberno acordou solicitar á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a declaración da área de rehabilitación integral (ARI) no barrio de Vite. O Concello tamén asume o compromiso de manter unha oficina municipal de rehabilitación con medios suficientes para a xestión e o impulso das actuacións de rehabilitación nese ámbito, así como realizar achegas municipais que se deriven das actuacións de rehabilitación e/ou urbanización.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas as obras do novo campo de herba artificial de Conxo

07/08/2015

O secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, deu conta da adxudicación pola Xunta de Goberno das obras de reforma integral do campo de fútbol a carón do Psiquiátrico de Conxo, por importe de 246.000 euros máis IVE. Ademais da súa conversión en campo de herba artificial, tamén se adxudicou a remodelación das redes e servizos, neste caso por un prezo de 80.267,77 euros máis IVE. Este proxecto é financiado conxuntamente coa Deputación da Coruña.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local segue considerando "insuficiente" a achega autonómica ao estatuto de capitalidade

07/08/2015

A achega de 2,3 millóns da Xunta de Galicia para o financiamento do estatuto de capitalidade segue a ser considerada como "insuficiente" polo Goberno local. Así o indicou o secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, tras aprobar este órgano municipal o texto do convenio a subscribir con este fin entre o Concello de Santiago e a Consellería de Facenda, un día despois de que o mesmo fora ratificado polo Consello da Xunta.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia participa en "Música en Compostela" cun novo concerto este venres no Auditorio de Galicia

06/08/2015

No marco da 58º edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto este venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, contarase coa colaboración do violista nacido en Sri Lanka e de nacionalidade británica Ashan Pillai.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA

Xan Duro: "A prioridade é ter unha depuradora e que supoña os menores custos para os cidadáns de Santiago"

06/08/2015

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que o Goberno municipal espera ter a finais deste mes de agosto toda a información que permita adoptar unha decisión definitiva sobre a futura estación depuradora de augas residuais (EDAR). En calquera caso, dixo, o que xa ten é a opinión, tanto de técnicos municipais como de empresas externas, que aseguran que a situación da EDAR no Souto vai supor un maior custo de mantemento.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS E MEDIO AMBIENTE

Novas hortas urbanas para unha rúa Caramoniña agora máis accesible e mellor conectada co seu ámbito

05/08/2015

Os concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, visitaron as obras de reurbanización da rúa da Caramoniña e do espazo libre anexo. Os traballos, incluídos no programa Urbana Santiago Norte, supuxeron un investimento de 258.419 euros e permitiron mellorar a accesibilidade do barrio da Almáciga na súa vertente sur, e dicir, da súa conexión cos barrios Iimítrofes de San Pedro e de San Roque. Ademais, suprimíronse barreiras arquitectónicas, mellorouse a mobilidade e...

Ler máis
Compartir: