CULTURA
Marta Lois participa este mércores en Salamaca nun seminario sobre a xestión do patrimonio mundial
O evento, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e que se enmarca nas celebracións do VIII centenario da Universidade de Salamanca, terá lugar do 22 ao 24 de xaneiro. Conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e do concello salmantino.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este xoves unha vítima en Realejo (Tenerife)
DEPORTE
O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado o Campionato Galego Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas
A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente da Federación Galega de Loita, José Luís Olazábal, e o director técnico da Federación, Pablo Pintos, presentaron hoxe o Campionato Galego Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas, que se celebrará o sábado 27 de xaneiro no pavillón compostelán de Santa Isabel. A cita está previsto que comece ás 10:00 e remate arredor das 14:00 horas.
POLÍTICAS SOCIAIS
Os concellos de Santiago, A Coruña e Ferrol presentan alegacións ao decreto de inclusión social da Xunta
O Concello vén de presentar, en conxunto con A Coruña e Ferrol, unha serie de alegacións ao proxecto de decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social da Xunta, no que atinxe á tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia, de cara a conseguir unha revisión que permita adecuar esta prestación ás necesidades das persoas destinatarias que se atopan en situación ou risco de exclusión social.
ALCALDÍA
Xa está dispoñible o calendario municipal coas ilustracións de 13 artistas
O Concello de Santiago vén de editar, por segundo ano consecutivo, un calendario municipal que conta coas ilustracións de 13 artistas participantes na segunda edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada".
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a inclusión na EDUSI do proxecto para a dotación de infraestrutura TIC para a Administración Electrónica
A Xunta de Goberno acordou hoxe seleccionar, para a súa inclusión na EDUSI, o proxecto de infraestrutura TIC para a administración electrónica, de cara á súa tramitación ante o Ministerio de Facenda. Esta liña de traballo suporá un investimento total de 1,2 millóns de euros en cinco eixes: portal web e intranet municipal, infraestrutura de telecomunicacións, infraestrutura de servidores, postos de traballo informatizados para a administración electrónica e sistema de dixitalización certificada e...
CONSORCIO
O 19 de febreiro remata o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.
ALCALDÍA E TURISMO
O alcalde avanza en Fitur os catro grandes retos do turismo de cara ao 2022
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, avanzou en Fitur as liñas estratéxicas que está a desenvolver o Concello de Santiago en materia turística de cara aos vindeiros anos, coa mira posta no 2022 . No seu discurso explicou os motivos de elixir este ano como referencia xa que "non é que non nos preocupe o vindeiro Ano Santo 2021, pero si que nos preocupa máis 2022 dende a perspectiva de que vai pasar despois do gran ano que será o 2021, por iso a nosa proposta de Plan Estratéxico non se enfoca ao Ano Santo senón que se...
ACCIÓN CULTURAL
’Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira’, o novo de Mofa e Befa, no Teatro Principal
Con esta proposta ábrese a programación de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural que ofrecerá ata xuño deste ano 26 funcións de 18 espectáculos diferentes. O xoves 25 ao remate da representación terá lugar a primeira #posfunción, a nova proposta deste ano para que o público intercambie opinión co equipo técnico e artístico.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello celebra o Día da Paz cun concerto da Escola Municipal de Música
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou as iniciativas relacionadas co Día da Paz e a Non-Violencia, que se celebra o vindeiro 30 de xaneiro. Entre os actos que se programarán para ese día figura o concerto da Escola Municipal de Música. O concerto será ás 19:00 horas no Auditorio da propia Escola (Finca de Vista Alegre) e será dirixido por Fernando Rey.