EMIGRACIÓN
Teresa Regúlez falou de regularizacións co ministro de Relacións Exteriores de Uruguai
Na terceira e última xornada da súa visita a Uruguai, a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, reuniuse co ministro de Relacións Exteriores deste país, Reinaldo Gargano. Na xuntanza falouse de regularizacións e, en concreto, dos formularios presentados voluntariamente, pero fóra de prazo, por cidadáns uruguaios para a regularización da súa situación en España.
CULTURA
"El florido pensil" regresa a Compostela sete anos despois
O segundo semestre de Teatro en Xira 2006 ábrese coa representación de "El florido pensil", de Andrés Sopeña, a cargo da compañía vasca Tanttaka Teatroa. Despois de pasar xa en 1999, volve a Santiago esta obra, que xa leva 10 anos en cartel e que en febreiro deste ano abriu unha nova etapa. A cita é o martes 26 e o mércores 27, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello pon a disposición de Fomento os terreos para o cuarto xiro de Cornes
Os terreos para a construción do chamado cuarto xiro de Cornes estarán en breve a disposición do Ministerio de Fomento, trala aprobación da cesión dos mesmos pola Xunta de Goberno local. Esta actuación aliviará a confluencia do tráfico na rotonda de Galuresa e posibilitará que os vehículos procedentes de Ourense poidan circular cara Conxo sen necesidade de circular pola Pontepedriña. O xiro dende a SC-II (Cornes-Castiñeiro) cara o novo acceso a Santiago da SC-20 (Cornes-Choupana), ten un custo estimado en 2,5...
ALCALDÍA
Recoñecemento ao ciclismo compostelán
Xusto antes de que se celebre o Día da Bicicleta, o domingo 24, pasaron por Raxoi algúns dos principais promotores deste deporte na cidade. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu ao recente gañador da Volta a Portugal, o santiagués David Blanco; ao campión de España cadete de fondo en estrada, Pedro Macía; e aos integrantes do Club Ciclista Mobles Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rocha homenaxeou a Luciano García Alén
A pesar da intensa choiva, o barrio da Rocha Vella rendeulle unha sentida homenaxe a un dos seus veciños, Luciano García Alén, e á súa dona, María García Ayuso. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, uniuse a este recoñecemento e descubriu unha escultura de Xosé Méndez Pérez (Xexu) sobre o "Conto do Castelo da Rocha", creado polo homenaxeado.
BENESTAR SOCIAL
Novos cursos para os usuarios do Plan de Inclusión
A Concellería de Benestar Social anuncia a posta en marcha de novos Cursos de Formación para usuarios do Plan de Inclusión (cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia).
EMIGRACIÓN
Os residentes composteláns de Uruguai transmítenlle as súas inquedanzas á Teresa Regúlez
A concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, atópase en Uruguai. Alí está mantendo xuntanzas con diversos colectivos de emigrantes cara o coñecer a súa situación e adoptar medidas que permitan mellorar as súas condicións de vida neste país.
CONSORCIO
O programa de divulgación "ConCiencia" traerá a Santiago ao Nóbel de Medicina Torsten Nils Wiesel
Baixo a denominación de "conciencia", o Consorcio de Santiago de Compostela vén de deseñar unha programación estable de divulgación científica que traerá ata a cidade a varias figuras do máximo nivel, entre eles varios Premios Nóbel. Os vindeiros días 9 e 10 de outubro estará na cidade o prestixioso doutor sueco Torsten Nils Wielsen.
CURTOCIRCUÍTO
A penúltima proxección de CurtoCircuíto na Rúa amosou as mellores curtametraxes de videocreación
Os espectadores da penúltima sesión de CurtoCircuíto na Rúa achegáronse á Praza de Abastos para ver unha selección das mellores curtametraxes de videocreación chegadas á cidade, precedidas por unha moi divertida sesión de música intercalada con improvisación en directo de Malandrómena e a Pandilla Alucinante.
FACENDA
Os propietarios de case 71.000 inmobles están chamados a pagar o IBI
Vén de iniciarse o período voluntario de cobro das débedas tributarias correspondentes aos padróns do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE). O concelleiro de Facenda, Xaquín Fernández Leiceaga presentou esta campaña de pagamento, cuxo prazo rematará o 20 de novembro. Un total de 70.976 inmobles están chamados a tributar.