PROMOCIÓN ECONÓMICA
UNINOVA colabora coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnado da USC
O programa Akademia persigue fomentar a visión innovadora e emprendedora nos estudantes universitarios. A edición Akademia-USC 2022-2023 será en formato en liña, e gratuíto para os alumnado da Universidade compostelá.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola muller asasinada na provincia de Girona, vítima de violencia machista.
COMERCIO
O Concello achega 35.000 euros a Área Central para actividades de dinamización comercial
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, asinou esta mañá un convenio de colaboracón coa xerente da Comunidade de Propietarios Centro Comercial Área Central, María Sara Castedo de Castro , para o desenvolvemento das actividades de dinamización comercial deste 2022, entre elas as de Nadal.
TURISMO
Santiago supera as 200.000 pernoctacións en establecementos hoteleiros en agosto
Santiago suma practicamente un millón de pernoctacións no que vai de ano, superando os rexistros do 2019.
XUNTA DE GOBERNO
Mañá ábrese o prazo de renovación e solicitude de praza para o período lectivo no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
Mañá, 27 de setembro, ábrese o prazo de solicitude, tanto de solicitude como de renovación de praza, correspondete o período lectivo 2022-2023 do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes. As solicitudes poderán presentarse ata o 6 de outubro. Tanto as datas, como o procedemento de solicitude de praza aprobáronse hoxe en Xunta de Goberno.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbanse as bases das dúas convocatorias de Acción Cultural: a dirixida a asociacións, e a destinada actividades culturais para o sector profesional
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria de subvencións para asociacións culturais, e as bases das axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional. Son máis de 450.000 euros en subvencións, destinadas ao sector cultural, que teñen como obxectivo impulsar novas actividades culturais e apoiar as que se veñen facendo, así como axudar ao sector no desenvolvemento destas iniciativas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno licita o "Espazo interxeneracional no Sar" e acorda iniciar o procedemento de avaliación ambiental da parcela que acollerá o Centro de distribución de mercadorías
A Xunta de Goberno Local acordou remitir á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do "Plan especial da parcela dotacional de servizos urbanos SU-3", formulado de oficio polo Concello de Santiago. Neste parcela, situada a carón de MercaGalicia, é onde está previsto construir, segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o centro de distribución de mercadorías.
MEDIO AMBIENTE
O Concello conclúe as obras de selaxe e clausura do antigo vertedoiro de Aríns, co que se recupera un espazo verde de 32 hectáreas
As obras para converter o antigo vertedoiro de residuos inertes de Aríns (lugar de Fornás) nunha zona verde chegaron ao seu punto final tras a realización dos traballos de selaxe e clausura nos que se investiron preto de 850.000 euros. O pasado 19 de setembro asinouse a Acta de Recepción das obras e queda pendente agora a declaración definitiva da clausura do vertedeiro, así como a aprobación do Plan de Vixilancia e Control post-clausura por parte da Xunta de Galicia como órgano ambiental competente.
OBRAS
Inauguradas as obras de adecuación exterior do Castelo da Rocha Forte
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado por varios concelleiros e concelleiras da Corporación, inaugurou esta mañá a obra de acondicionamento exterior do Castelo da Rocha Forte no marco da XI Romaría do Castelo, organizada pola Asociación Cultural da Rocha Forte.
ALCALDÍA
Receptividade da secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, aos asuntos tratados hoxe na reunión co alcalde Sánchez Bugallo
As alegacións sobre o orbitaliño, o orbital, os accesos ao polígono do novo Milladoiro e o incremento de prazas de aparcamento na nova estación de tren foron os asuntos que o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tratou hoxe coa secretaria de Estado de Transportes. Isabel Pardo de Vera amosou a súa "plena receptividade" a todas demandas plantexadas.