XUNTA DE GOBERNO

O alcalde anuncia a renovación da flota do servizo de transporte urbano con 11 novos autobuses neste ano 2015

27/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández anunciou que o Concello renovará a flota de autobuses do servizo de transporte urbano en 2015. Así, o Goberno local acordou poñer en coñecemento da UTE concesionaria do transporte urbano (TRAPSA-AULUSA) a necesidade de iniciar de inmediato o procedemento de licitación de 11 novos autobuses para incorporar neste ano, nos que se investirán 3.603.380 euros.

Ler máis

CULTURA

Catro concertos na primeira fin de semana do Festival de Músicas Contemplativas

27/03/2015

O Festival de Músicas Contemplativas ofrece catro concertos esta fin de semana e un máis na xornada do luns. Será co Meshk Ensemble e Lucentum XVI o sábado; a Banda Municipal de Música e a Capela Antiga do Orfeón Terra a Nosa o domingo e, xa na xornada do luns, estarán Resonet e a Escolanía da Catedral de Santiago. As entradas para todos os concertos son de balde previa retirada no despacho de billetes do Teatro Principal, que abre de 17:00 a 21:00 horas.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio intervén na cuberta e na fachada principal da igrexa de San Paio de Sabugueira

27/03/2015

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla. Os traballos, cuxo orzamento global ascende aos 18.554,44 euros, centraranse na cuberta e na fachada principal do templo e está previsto que rematen no prazo de dous meses.

Ler máis

EDUCACIÓN

A Concellería de Educación presenta "Comigo, contas. Debuxa comigo! Postais para a esperanza"

27/03/2015

A concelleira de Educación, Maite Cancelo, presentou no colexio Monte dos Postes a iniciativa Comigo, contas. Debuxa Comigo! Postais para a esperanza. Trátase dun proxecto, promovido polo seu Departamento en colaboración coa Asociación Cultural Confraría de Estudantes de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que pretende concienciar aos máis pequenos dos problemas reais que moitas persoas padecen na actualidade e amosarlles cómo "Podemos facer moito con moi pouco", como...

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Santiago súmase á Hora do Planeta

27/03/2015

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, a última fin de semana do mes de marzo celébrase a Hora do Planeta ou Earth Hour, impulsada polo World Wide Fund for Nature (WWF) a nivel mundial. Santiago de Compostela volverá a sumarse a esta cita.

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba inicialmente a ordenanza de licenzas, que eliminará trabas burocráticas e dinamizará a actividade económica

27/03/2015

O Pleno da Corporación aprobou inicialmente, co voto favorable do grupo do Goberno e a abstención dos grupos socialista e nacionalista, a nova ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa. Esta norma, aprobada previamente pola Xunta de Goberno, axilizará a tramitación na posta en marcha das actividades e obras de acondicionamento de locais, eliminando trabas burocráticas innecesarias, liberalizando o exercicio de actividades de servizos, en sintonía cos...

Ler máis
Compartir: