ALCALDÍA
Sánchez Bugallo formaliza en Estrasburgo a invitación aos actos conmemorativos do Premio de Europa
O alcalde compostelán compareceu hoxe, mércores 22 de xuño, no pleno da Asemblea do Parlamento de Europa para convidar formalmente aos membros desta institución e aos alcaldes das cidades Premio de Europa aos actos de conmemoración do cincuenta aniversario da creación deste galardón, que se celebrará na capital galega os próximos días 1 e 2 de xullo.
TURISMO
Incolsa asina un convenio con Travelplan para promocionar Santiago
A empresa municipal de Turismo e o turoperador Travelplan, que comercializa voos directos da compañía Air Europa coas Illas Canarias e Baleares desde o aeroporto de Lavacolla, subscriben un convenio para promover a viaxe a Compostela entre o público insular e afianzar a imaxe da cidade como destino de turismo cultural.
PXOM
O novo PXOM poderá consultarse desde o 21 de xuño pola tarde
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), estará exposto para a súa revisión no Pazo de Fonseca ata o vindeiro 27 de xullo, en salas acondicionadas expresamente para a mostra e coa asistencia de dúas azafatas, que asistirán a quen o precise e garantirán a orde nas consultas que os cidadáns realizarán aos técnicos municipais.
FUNDACIÓN GRANELL
Unha exposición amosa a vixencia do surrealismo en Canadá
O 24 de xuño ás 20 horas, no primeiro andar do pazo de Bendaña, inaugurarase a mostra "Surrealismo Costa Oeste: unha perspectiva desde canadá". Esta exposición forma parte do ciclo de surrealismo internacional co que a Fundación pretende constatar a vixencia do corpus estético do surrealismo a nivel internacional.
ALCALDÍA
Visita do concelleiro de Cultura de Niterói
O concelleiro de Cultura de Niterói (Río de Janeiro), visitou o martes 21 a Casa do Concello.
REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
Remata o prazo de preinscrición na Aula de renovación urbana e rehabilitación
O 20 de xuño ás 14 horas finaliza o prazo para aqueles que queiran inscribirse na Aula de renovación urbana e rehabilitación que o Concello pon en marcha coa colaboración da Xunta. A matrícula estará aberta do 21 ao 25 de xuño, na Comisión de Asesoramento Tecnolóxico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
CULTURA
O Principal programa un ciclo de cine gay e lésbico para contribuír á igualdade
O Teatro Principal acollerá do o luns 20 ao domingo 26 de xuño un ciclo de cinema gay e lésbico no que se poderán visionar desde clásicos do sétimo arte como "Morte en Venecia", de Luchino Visconti ou "Querelle", de Fassbinder ata películas máis actuais, como "Sévigné", dirixida no 2004 por Anna Azcona.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Compostela celebrará o 50 aniversario da creación do Premio Europa
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxará o 21 de xuño a Estrasburgo invitado polo presidente da Asamblea Parlamentaria de Europa, Mr. René van der Linden, onde exporá os actos que terán lugar en Compostela os días 1 e 2 de xullo con motivo do 50 aniversario da creación destes galardóns e do 20 aniversario da súa concesión a Santiago de Compostela, únicade cidade española que desde entón ostenta esta distinción.
GRUPO DE CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE
As cidades patrimonio da humanidade realizarán un estudio de accesibilidade aos conxuntos históricos
A realización dun estudio de accesibilidade aos conxuntos históricos e monumentais das cidades que integran o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España foi un dos asuntos abordados na asamblea do Grupo celebrada o venres, 17 de xuño, no Concello de San Cristóbal de La Laguna (Santa Cruz de Tenerefe).Este estudio será realizado a través dun convenio con FUNDOSA,
Auditorio de Galicia
Ros Marbà dirixe zarzuela no Auditorio
O venres 17 de xuño ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a dirección do mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará as obras de Ruperto Chapí, "La Revoltosa" e de Tomás Bretón, "La verbena de la Paloma".