ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibe ao presidente da Federación Española das Asociacións da Prensa (FAPE)
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos directivos da Federación Española de Asociacións da Prensa FAPE , Fernando González Urbaneja e Jorge del Corral, presidente e vicepresidente da FAPE, respectivamente, con motivo da presentación en Santiago do Informe Anual da Profesión Periodística en España.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Comenza o programa "Música na Escola"
O departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago presentou o programa "Música na Escola" que se desenvolverá ao longo do mes de marzo en tódolos colexios que o soliciten.
TURISMO
Sesenta e nove empresas compostelás recibirán a certificación de calidade turística
A Mesa de Calidade Turística de Santiago, reunida o 17 de febreiro, aprobou os informes de auditoría que permitirán a 69 empresas turísticas compostelás obter os distintivos de calidade do SICTED que xa exhiben outros 37 estabelecementos da cidade.
CULTURA
O grupo de folc inglés Waterson Carty actúa no Principal
As entradas están á venda o luns 20 en taquilla, en horario de 12.30 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h. O concerto é as 21.00 h.
FESTAS
O sábado comeza o Antroido compostelán
Obradoiros de maquillaxe, disfraces e máscaras na praza do Toural serán as actividades que abran o Antroido 2006 xa pola mañá do sábado 25.
BENESTAR SOCIAL
Vintesete xitanos de Santiago atoparon traballo grazas ao programa Acceder
A Fundación Secretariado Xitano, en colaboración coa Concellería de Benestar Social, está a desenvolver desde hai un ano o Programa Acceder, que busca impulsar o acceso da poboación xitana á formación e ó emprego normalizados a través da posta en marcha de dispositivos adaptados e integrados de emprego.
EDUCACIÓN
Un itinerario didáctico guía aos escolares na exposición de Bal y Gay
Co gallo do centenario do nacemento de Bal y Gay, a exposición "Jesús Bal y Gay. Tientos e Silencios 1905-1993"
que estará no Pazo de Fonseca ata o 5 de marzo, reconstrúe a biografía do músico, musicólogo e intelectual lucense mediante un percorrido polas diferentes etapas da súa vida e da súa obra ensaística e musical.
BENESTAR SOCIAL E UMAD
A UMAD pon en marcha un obradoiro para fomentar a colaboración entre os pais e profesorado
O obradoiro, que comeza mañá venres, pretende avanzar na mellora da educación dos fillos, poñendo en común a educación dos pais e nais cos profesionais da educación.
SANIDADE
O refuxio de Bando deu máis animais en adopción que recolleu no que vai de ano
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, visitaron o mércores 15 de febreiro ás 12 horas o refuxio de animais de Bando, que comezou a funcionar a principios de 2005 con carácter municipal. Prevese que a partir do vindeiro mes de marzo o refuxio pase a acoller animais doutros municipios da comarca.
CULTURA
Goran Bregovic abrirá o novo ciclo de Sons da Diversidade
Unha revisión do mito de Carmen, reformulado dende a auténtica cosmovisión xitana de Goran Bregovic será o espectáculo encargado de abrir o novo ciclo de Sons da Diversidade, que organiza a Concellaría de Cultura, este domingo 19 de febreiro no Auditorio de Galicia.