OFRENDA
O presidente da Xunta fai unha chamada ao acordo e á convivencia na ofrenda ao Apóstolo
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, solicitoulle ao Apóstolo que "a luminaria da súa presenza en Santiago de Galicia sirva para clarexar os camiños compartidos pola España plural". Este e outros temas de actualidade, coma o terrorismo, a violencia ou a identidade de Galicia foron os protagonistas da ofrenda realizada polo delegado rexio na Catedral compostelá, no máis tradicional dos actos cos que se celebra o 25 de xullo.
FESTAS
Fogos, música e imaxes uníronse nunha sincronización perfecta na noite compostelá
A Praza do Obradoiro, a Catedral e o ceo compostelán foron escenario duns espectaculares Fogos do Apóstolo, presenciados por preto de 100.000 persoas dende prazas, rúas e xardíns. Unha perfecta sincronización de fogos, proxeccións e música creou un singular espectáculo que serviu para dar a benvida ao día grande de Galicia.
ALCALDÍA
Compostela ratifica o seu irmandamento coa cidade dominicana de Santiago de los Caballeros
Xa está en Compostela a delegación da cidade dominicana de Santiago de los Caballeros, co obxecto de ratificar o irmandamento entre as dúas vilas, asinado o 25 de novembro en terras americanas. O acto de sinatura entre os respectivos alcaldes, Xosé A. Sánchez Bugallo e José Enrique Sued celebrarase o mércores 26 no Concello.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo ao proxecto da Finca do Espiño
A Xunta de Goberno local aprobou os proxectos de rehabilitación do Palacete da Finca do Espiño e de urbanización e parque público da Finca do Espiño. Así mesmo, acordouse requirir a Layetana Santiago o ingreso das cantidades estipuladas no convenio urbanístico co Concello, que suman un total de 2.286.530 euros.
OFRENDA
Compostela prepárase para a ofrenda ao Apóstolo nun 25 de xullo cheo de actos
A cidade prepárase para o seu día grande. Milleiros de composteláns e de visitantes vivirán na rúa o 25 de xullo, unha xornada chea de actos institucionais e de eventos festivos para todos. A actividade comezará pola mañá, coa Ofrenda ao Apóstolo Santiago, da que este ano se encargará como Delegado Rexio o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
FESTAS
Músicos galegos reencontraranse co seu público no Día Grande de Galicia a través do espectáculo "A viaxe do Son"
Xa está todo preparado para vivir un dos espectáculos de fogos artificiais máis impresionante que se fai nun casco histórico de España. Ás once e media da noite a praza do Obradoiro de Santiago de Compostela quedará iluminada pola sincronización de fogos, imaxes e música que conforman o espectáculo "Arte2". A empresa encargada de crear este mundo máxico, Pirotecnia Caballer, sinala que o espectáculo está moi coidado e estudado e que será a primeira vez que nun espectáculo de...
FESTAS
Amparanoia celebra co público santiagués os seus dez anos de traxectoria
Tralo éxito colleitado polo bailarín cordobés Joaquín Cortés coa presentación do seu último espectáculo, "Mi soledad", a xornada do luns 14 das Festas do Apóstolo presenta varios pratos fortes. A primeira cita do día será ás doce da mañá coa animación polas rúas de gaiteiros e o encontro de xigantes e cabezudos na Quintana. Xa pola tarde está prevista unha nova xornada de Ferradura Aberta para os máis novos.
FESTAS
Joaquín Cortés chega a Santiago co seu último espectáculo
O artista cordobés Joaquín Cortés chegou a Santiago para presentar o espectáculo que ofrecerá o sábado 22, ás 22:00 horas, na Quintana, dentro do programa das Festas do Apóstolo. No concello foi recibido polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; e pola directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto.
FESTAS
Luar na Lubre cautivou de novo ao público compostelán
As xentes que pouco a pouco foron enchendo a Praza da Quintana gozaron una ano máis dos sons de Luar na Lubre. A formación coruñesa non defraudou e veciños e visitantes acompañaron con palmas e voces unha actuación que inundou de ritmos cómplices a noite compostelán.
FESTAS
Sincronización de fogos, imaxes e música conforman o gran espectáculo dos Fogos do Apóstolo
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, e a responsable da empresa Pirotecnia Caballer, Verónica Caballer, presentaron en rolda de prensa o grandioso espectáculo organizado para os tradicionais Fogos do Apóstolo, que terán lugar o vindeiro luns 24 de xullo. Baqueiro destacou a importancia do espectáculo deste ano posto que "será o mellor espectáculo de fogos artificiais nun casco histórico de España e, quizais, de Europa". Tamén quixo convidar a todos os santiagueses e aos turistas a participar desta festa...