EMPREGO
Os cursos FIP impartidos pola Concellaría de Promoción Económica remantan con 30 insercións laborais
Ata 30 persoas das 99 que cursaron o Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) impartido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo accederon ao mercado laboral, o que representa o 30% do total.
MEDIO AMBIENTE
Os alumnos do curso de soldadura da forGA doan unha estatua de Castelao á cidade de Santiago
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, participou no acto de doazón ao municipio de Santiago dunha escultura da figura de Castelao, situada no Parque de San Lázaro. O evento foi organizado pola delegación en Compostela da Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (forGA).
REFORMA ADMINISTRATIVA
Unha comisión canalizará as queixas e suxestións dos cidadáns sobre a marcha dos servizos municipais
A Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións velará polo cumprimento dos dereitos dos cidadáns na súa relación co Concello. Nela os veciños poderán formular suxestións e queixas, as cales deberán ter resposta nun prazo máximo de tres meses. A posta en marcha desta Comisión someterase á aprobación definitiva do Pleno municipal o 30 de outubro.
TURISMO
Santiago e Tanabe reafirman os seus lazos coa sinatura dun protocolo de promoción conxunta
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a concelleira de Turismo Tanabe, Noriko Tada, asinaron no Pazo de Raxoi un protocolo de colaboración de promoción conxunta, apoiándose no feito de que o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano son os únicas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
EDUCACIÓN
Máis de 500 escolares asistirán á representación do conto musicado "Hansel e Gretel"
O Teatro Principal acolle o martes 28 de outubro unha nova actividade dentro do programa de actuacións de teatro e musica para escolares de centros de ensino, promovido pola Concellería de Educación e inclu. Máis de 500 escolares asistirán á representación do conto musicado Hansel e Gretel. Para posteriores entregas está prevista a actuación do grupo Mamá Cabra e a exhibición do filme The Kid, de Charles Chaplin, coa música en directo do grupo Ancestral.
DEPORTES
Preto de 7.000 participantes nunha Carreira Pedestre dominada polos atletas africanos
O atleta keniano David Kilel foi o gañador da XXXI Carreira Pedestre Popular Camiño de Santiago, celebrada na mañá do domingo 26 de outubro polas rúas compostelás. Na categoría feminina a triunfadora foi outra keniana, Gladys Cherono.
ALCALDÍA
AMAL volve a achegarnos ao cine e á cultura árabe a través dos cinco sentidos
Por sexto ano consecutivo, a nosa cidade acolle o Festival de Cine Euroárabe AMAL, que, organizado pola Fundación Araguaney, achegará ata o 31 de outubro a realidade do mundo árabe a través dos filmes que se proxectarán no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Unhas 3.700 novas vivendas en Mallou completarán o desenvolvemento do Ensanche Norte
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polo visto bo ao da Xunta ao desenvolvemento do SUD-1 de Mallou, recollido no Plan Sectorial Galego do Solo Residencial presentado no Parlamento galego. Este solo é "o máis densamente edificado" que prevé o novo PXOM e suporá a creación de 3.700 novas vivendas, das que o 75% serán vivendas protexidas.
ALCALDÍA
O alcalde visitou o novo piso da Fundación Andrea destinado aos pais dos nenos hospitalizados
A Fundación Andrea adquiriu un dúplex destinado aos pais dos nenos hospitalizados con enfermidades crónicas ou de longa duración que non teñen a súa residencia en Santiago. Este inmoble está a penas a 200 metros do Hospital Clínico.
CONSORCIO
Presentados 37 proxectos ao Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2008
O proxecto gañador do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2008 coñecerase o martes 28 de outubro, tras xuntanza do xurado presidido polo arquitecto Xerardo Estévez. A esta segunda edición presentáronse un total de 37 proxectos de 12 países latinoamericanos, 13 proxectos máis que na anterior.