CULTURA
Chega a noite do filme sorpresa a Cineuropa 2008
Ao longo das 22 edicións do Festival Cineuropa, unha das noites máis especiais ten sido a da proxección do filme sorpresa. O xoves 27 de novembro, ás 22:00 horas, desvelarase a incógnita neste Cineuropa 2008.
TURISMO
Turismo de Santiago reúne a 46 profesionais das axencias de turismo de incentivos máis importantes de España
Turismo de Santiago organiza dúas viaxes de familiarización para as principais axencias de incentivos de España, co obxectivo de amosarlle aos profesionais do sector os recursos cos que conta a cidade e que a fan un destino ideal para o turismo de incentivos. O obxectivo da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, é converter a Santiago no destino de referencia estatal neste tipo de turismo nas cidades que teñen entre 100.000 e 200.000 habitantes. As actividades desta nova liña estratéxica englobaranse baixo a marca...
PLENO
O debate sobre o estado do Concello poderá seguirse a través da web municipal
O sábado 29 de novembro, ás 10:00 horas, terá lugar o debate sobre o estado do Concello. Os cidadáns que o desexen poderán seguir este Pleno extraordinario a través desta páxina web. Accederase á imaxe e son deste Pleno grazas a un enlace visible na portada da páxina web.
XUNTA DE GOBERNO
Impulso ás infraestruturas deportivas de San Lázaro e Fontiñas
Coa adxudicación definitiva dos contratos de execución da primeira fase da área de deportiva de San Lázaro e das obras do pavillón de Fontiñas, a Xunta de Goberno deu un impulso definitivo a estas dúas infraestruturas deportivas. O Goberno local aprobou tamén a revisión de prezos do servizo de limpeza e obras de reposición do pavimento en varias rúas da cidade histórica.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"Flis-fli-ris-flás" anima aos máis pequenos a ler e a empregar o galego
"Flis-fli-ris-flás, Cóntallo en galego" é unha campaña de fomento da lingua galega e da lectura do ámbito familiar que está chegando á totalidade de rapaces de 1º e 2º de primaria de Galicia. Trátase dunha proposta que combina teatro, literatura e novas tecnoloxías, á vez que implica ás familias.
CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio aproba o proxecto de orzamentos do organismo
A Comisión Executiva do Consorcio, presidida polo Alcalde e presidente da entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou o proxecto de orzamentos do organismo interadministrativo para o ano 2009. Este proxecto será sometido á consideración do Consello de Administración en vindeiras datas.
MULLER
Un alumno e 4º de secundaria do IES Rosalía de Castro gaña o VIII Concurso "Educando na Convivencia en igualdade"
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presidiu o acto de entrega dos premios do concurso "Educando na convivencia en igualdade". Este certame ten como obxectivo achegar mensaxes de sensibilización ao ámbito educativo, porque do mesmo debe partir unha auténtica política de prevención e de educación en valores e na igualdade. Presentáronse 49 traballos.
URBANISMO
As obras de urbanización do SUNP-12 de Lamas de Abade comezarán a principios de 2009
A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, explicou os acordos do último Consello de Administración de EMUVISSA, celebrado na mañá do martes 25. No mesmo, entre outros acordos, adxudicáronse as obras de urbanización do SUNP-12 de Lamas de Abade.
MULLER
Condena enérxica tanto aos que exercen a violencia contra as mulleres como aos que a ignoran ou toleran
Como cada ano, o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convértese nunha cita para expresar o rexeitamento á violencia contra as mulleres. Nesta ocasión, o pavillón do Restollal acolleu un acto institucional de sensibilización, no que o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, leu unha declaración institucional.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte entrega as bolsas ás promesas do deporte compostelán
O alcalde e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a Gala de Entrega das Bolsas para a formación e perfeccionamento das promesas do deporte compostelán, que teñen unha contía de 1.200 euros cada unha. Unha iniciativa coa que a entidade quere aportar unha axuda para cubrir o espazo baleiro entre a etapa da formación e a profesional.