CULTURA

Concerto de Airas Ensemble no Auditorio de Galicia dentro do ciclo "Música de Cámara"

04/05/2012

O novo ciclo da Concellería de Cultura, Música de Cámara, ofrece o sábado 5 un segundo concerto na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Será nesta ocasión con Airas Ensemble. Poderemos escoitalos a partir das 20:30 horas e as entradas, 6 € (30 € para todo o ciclo), poden mercarse na billeteira do Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas e na do Auditorio, o día do concerto, a partir das 18:00 horas. Despois deste concerto, e logo da inauguración con Philhartrompía Quartet, poderemos escoitar neste ciclo...

Ler máis

FACENDA

O Ministerio de Facenda dá o visto bo ao Plan de Axuste do Concello

03/05/2012

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, comunicou en rolda de prensa que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas deu o visto bo ao Plan de Axuste presentado no seu día polo Concello de Santiago para afrontar o pago a provedores. Se ben o prazo destes para acollerse a este sistema de pago remata o 8 de maio, a día de hoxe, as certificacións individuais presentadas xa alcanzan os 11, 5 millóns de euros.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

A UMAD promove tres novas accións do Plan de Prevención de Drogodependencias dirixidas a mozos, pais e Policía Local

03/05/2012

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presentou tres novas actividades do Plan de Prevención Municipal de Drogodependencias 2011-2012, que levará a cabo a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Trátase de tres propostas dirixidas, respectivamente, á Policía Local, aos mozos e aos pais.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Celebrado o primeiro dos obradoiros do programa "ACTÍVA-T"

03/05/2012

Quince alumnas e alumnos participaron no primeiro dos obradoiros do Programa ACTÍVA-T, organizados polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS en colaboración co Centro Juan XXIII. Este primeiro taller estivo dedicado á "Elaboración e degustación de pinchos saudables".

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde e a presidenta do Parlamento reafirman a vontade de colaboración

02/05/2012

O alcalde compostelán reuniuse en audiencia coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo. Esta foi a primeira visita institucional de Ángel Currás dende a súa toma de posesión como rexedor municipal. Nos vindeiros días continuará a súa rolda de reunións con autoridades políticas, eclesiásticas e académicas.

Ler máis
Compartir: