NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Premio Manuel Beiras recoñece un ano máis o esforzo normalizador de empresas compostelás no uso do galego

30/10/2014

A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, e o tesoureiro da Cámara de Comercio, Juan José Maril, presentaron a XV edición do Premio Manuel Beiras. O certame, organizado nesta ocasión polo Concello de Santiago, recoñece o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.

Ler máis

ALCALDÍA

A exposición "O Asorey descoñecido" orixina diversos materiais didácticos sobre o artista

30/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou no Pazo de Fonseca a exposición O Asorey descoñecido, onde presentou diversos materiais didácticos da exposición realizados entre a Fundación Asociación Cultural Francisco Asorey e a Concellería de Educación. Centros de ensino de primaria e secundaria de Santiago e comarca realizaron visitas guiadas á mostra durante este mes de outubro.

Ler máis

CULTURA

Womex confirmou a importancia de Santiago de Compostela como escenario e punto de encontro cultural a nivel internacional

30/10/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, participou na Cidade da Cultura rolda de prensa de valoración dos resultados de Womex’14, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez. 2.400 delegados, un 6,66% máis que na anterior edición, e 1.470 empresas (un 16,66% máis) de 90 países, ademais dunha feira con 668 exhibidores de 47 países e unha marca de 280 casetas (+12%) son cifras que falan do éxito deste evento.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello destinará máis de 1,2 millóns de euros de remanentes a un plan de actuacións urxentes e sustentables na cidade

29/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a posta en marcha dun plan de choque de actuacións sustentables e urxentes na cidade, por importe de 1,27 millóns de euros. Trátase dunha cantidade procedente do remanente de 5,2 millóns de euros dos orzamentos de 2013. O resto, algo máis de 4 millóns de euros, destinarase a amortizar débeda.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca o valor de "Os tesouros da illa de Granellandia" para achegar a obra e figura de Granell ao público infantil

29/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou na Fundación Granell a exposición Os tesouros da illa de Granellandia, que reúne as ilustracións do conto homónimo, do escritor e xornalista Paco López-Barxas. A obra fora publicada en 2012 polo Consorcio de Santiago, en colaboración con El Patito Editorial, con motivo do centenario do nacemento do pintor surrealista.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello aproveitará unha campaña de educación viaria para pulsar a opinión das persoas maiores sobre a mobilidade urbana

28/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu o acto de presentación do programa de Educación Viaria Mobilidade sénior, o camiño de todos, dirixida a un dos grupos máis vulnerables en canto os accidentes de tráfico como son as persoas maiores. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Santiago e a Fundación Real Automóbil Club de España (RACE), inclúe varias actividades para grupos de persoas maiores, a desenvolver entre o 28 e o 31 de outubro no parque da Alameda.

Ler máis
Compartir: