CULTURA

Estrea de "Mr. Turner", "Samba" e "Beloved Sisters" na xornada do sábado en Cineuropa

28/11/2014

Co festival a piques de chegar ao seu fin, as estreas non paran en Cineuropa na xornada deste sábado. Ás 19:45 horas, no Teatro Principal, poderemos asistir ao primeiro pase de Mr. Turner, biopic nada convencional que Mike Leigh realiza sobre a vida dun dos pintores máis emblemáticos do Romanticismo británico, William Turner. Timothy Spall, actor fetiche de Leigh, gañou o premio ao mellor actor en Cannes e conta con moitas posibilidades de levar o Oscar.

Ler máis

MULLER

María Corral inaugura o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero

27/11/2014

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, inaugurou o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebra na Cidade da Cultura dende este xoves ata o vindeiro sábado. Esta iniciativa, que se enmarca na conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), pretende ser ferramenta informativa e formativa útil para a loita contra a violencia sexista.

Ler máis

TURISMO

Santiago promociona a súa gastronomía durante o Nadal cunha edición especial de Compostela Gastronómica

27/11/2014

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi unha edición especial de Nadal de Compostela Gastronómica, evento que naceu este pasado mes de setembro para promocionar a cidade como destino gastronómico. O obxectivo é consolidar a marca Compostela Gastronómica a través dun evento que continúa coa liña marcada na primeira edición, centrando os seus contidos nos produtos galegos e nos cociñeiros da cidade.

Ler máis
Compartir: