FESTAS

Concerto da Real Filharmonía na Quintana e fogos fin de festa para pechar o Apóstolo 2015

30/07/2015

As festas do Apóstolo chegan ao seu fin este venres 31 cunha xornada cargada de propostas interesantes. Comezamos ás 20:00 h co pasarrúas a cargo da Trova de Celaya (México), animación que logo continguará da man da Charanga Compostela a partir das 21:30 h. Os pratos fortes serán o concerto da Real Filharmonía de Galicia a partir das 21:00 h na praza da Quintana e os fogos fin de festa dende o Campus Sur ás 23:30 h. Ademais, a partir da medianoite estará a Orquestra Fórmula no paseo central da Alameda.

Ler máis

CONSORCIO

Unhas 7.000 persoas xa visitaron a mostra fotográfica de Ramón Sánchez Estalote

30/07/2015

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións arredor de 7.000 persoas.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio adxudica o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación

30/07/2015

O Consorcio de Santiago adxudicou o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. A empresa TRYCSA, Técnicas para la Restauración y Construcciones, S.A. encargarase da intervención, cun orzamento de 1.008.644,89 euros.

Ler máis

FESTAS

Cinco bandas galegas na Quintana como anticipo ao peche das festas do Apóstolo 2015

29/07/2015

A xornada deste xoves 30, previa ao peche das festas do Apóstolo, será unha desas noites para lembrar en Compostela, xa que se xuntarán na praza da Quintana cinco bandas galegas de consolidada traxectoria e moi variada proposta estilística. O concerto, de entrada libre, comezará ás 22:00 horas e nel poderemos escoitar os composteláns Los Chavales e Ataque Escampe; os vigueses The Soul Jacket, os lucenses/coruñeses Guerrera e o proxecto A Derradeira Noite na Terra, que conforman membros de Malandrómeda, Dios Ke Te Crew e...

Ler máis

CONSORCIO

Unha nova publicación recolle 179 cartas que o pintor Carlos Maside mantivo entre 1928 e 1958 con intelectuais da época como Seoane, Castelao, García Lorca, Díaz Pardo ou Laxeiro

29/07/2015

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas. Carlos Maside. A Fundación Gonzalo Torrente Ballester acolleu a presentación desta obra, á que asistiron o alcalde da cidade, Martiño Noriega; a catedrática de Historia Mª Esther Rodríguez, que reuniu e transcribiu toda a correspondencia que se recolle na publicación; o catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío, coordinador da edición; a xerente do Consorcio, Belén...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde encontra receptividade en Feijóo á demanda dunha achega estable para a capitalidade e na defensa da intermodal

28/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo na sede do Executivo autonómico en San Caetano. O rexedor cualificou como "positiva" a xuntanza, así como a "receptividade" do titular do Goberno galego en canto á estabilidade do financiamento das ferramentas de Capitalidade e á defensa dunha verdadeira estación intermodal para a cidade.

Ler máis
Compartir: