TRANSPORTES
O 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano
Editaranse 25.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios, onde se informará da liña de reduccións, que se mantén con respecto a anos anteriores.
ALCALDÍA
Os escritores Carlos Fuentes e Pilar Buela visitan a Casa do Concello
Sánchez Bugallo recibiu a visita dos escritores Carlos Fuentes e de Pilar Buela, que se atopaban eses días en Santiago con motivo da entrega dos premios San Clemente.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Duascentas persoas beneficiaranse do programa Equal Compostela Social, que comezará a andar en setembro
O fomento da cultura emprendedora é o principal obxectivo deste programa, que conta cun orzamento total de 1.300.000 euros, e que iniciará a súa andanza en setembro deste ano. O luns 27 de xuño tivo lugar a primeira reunión da Asamblea Xeral AD Compostela Social.
FESTAS
A proxección dunha comedia de Chaplin abre o programa das Festas do Barrio de San Pedro
O ciclo ‘Noite de curtas’ inclúe unha colección de montaxes que se van pasar no Campo da Angustia a partir do martes 28 de xuño.
ALCALDÍA
Caixa Galicia colabora na programación cultural do Concello de Santiago de Compostela
A entidade financeira achegará 500.000 euros para o desenvolvemento de actividades culturais na capital de Galicia.
PREMIO DE EUROPA
Santiago, escenario da conmemoración do Premio de Europa
Con motivo da celebración do 50 aniversario do Premio de Europa e do 20 aniversario da concesión deste premio a Santiago de Compostela, celebraranse diversos actos aos que acudirán alcaldes e representantes das cidades premiadas, membros da Comisión, ex-presidentes, o presidente da Asemblea e parlamentarios.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo califica de "rotundo éxito" a exposición do PXOM
Tras a recente inauguración da exposición ao público do PXOM, o pasado 21 de xuño, estase a acadar un "rotundo éxito" de visitas e unha gran expectación, segundo explicou o alcalde compostelán.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
A Asemblea Xeral do Programa Equal-Compostela Social reúnese no Auditorio
O luns 27 de xuño, no Auditorio de Galicia, comezará a desenvolverse a xuntanza da II Asemblea Xeral do Programa EQUAL - Compostela Social.
EDUCACIÓN
A Escola de Verán volve a Santiago para que os rapaces "aprendan divertíndose"
Conciliar a vida laboral coa familiar é un dos obxectivos do programa de actividades de verán no que os rapaces poden "aprender divertíndose", e que no mes de xuño do ano pasado contou coa participación de 535 nenos, segundo o Departamento de Educación.
AUDITORIO DE GALICIA
García Asensio dirixe á Real Filharmonía Galega no último concerto de abono da temporada
O xoves 23 de xuño ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a dirección do mestre Enrique García Asensio, interpretará as obras de Fernando Alonso (A Coruña, 1961), Sinfonietta en Fa; de Juan Vara (A Coruña, 1959), Aparición na distancia secreta e de Rogelio Groba (Ponteareas, 1930), Christmas Symphony.