FESTAS
As festas da Ascensión reúnen a máis de 25.000 persoas na rúa, das que 10.000 estiveron no concerto de Kiko Veneno e Muchachito
As festas da Ascensión empezaron con bo tempo e mellor ambiente. Máis de 25.000 persoas saíron á rúa, na tarde-noite do mércores, para desfrutar das actividades na zona vella, a Alameda e o campus sur; neste último espazo, arremuiñáronse unhas 10.000 persoas para presenciar o dobre concerto de Kiko Veneno e Muchachito Bombo Infierno, segundo datos facilitados polo concelleiro delegado de Festas, Xosé Baqueiro. É a participación e un programa pensado para os mozos e universitarios, así como para nenos e...
FESTAS
Espectacular exhibición de doma con cabalos de pura raza galega para festexar o día grande da Ascensión
Santiago de Compostela acolle o xoves 25 o día grande das Festas da Ascensión. Un amplo programa para gozar coa familia e tamén momentos de ocio e diversión para os máis novos. Comezará a xornada co Concurso Cabalar no recinto feiral de Amio, no que sementais da sección de doma do "Centro de Referencia do Cabalo de Pura Raza Galega" executarán unha serie de fermosos exercicios combinados de doma de alta escola e fantasías ecuestres. Dous cabalos de pura raza galega, "Artes e Azabache", realizarán aires...
INFRAESTRUTURAS
As obras da estrada de San Lourenzo, na súa recta final
Mellorar as condicións de seguridade na estrada de San Lourenzo é o obxecto da actuación que se está a levar a cabo nesta vía, a onde se achegou hoxe, mércores 24, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O Pleno da Deputación da Coruña aprobará o xoves 25 de maio a última etapa deste proxecto –os dous primeiros xa están rematados–, que inclúe nova pavimentación, iluminación e actuacións paisaxísticas. O orzamento desta fase é de 545.354 euros.
PARQUES E XARDÍNS
Os nenos xa poden gozar do Parque da Constitución
O novo Parque Infantil da Constitución xa está a disposición dos máis novos. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e varios membros da Corporación Local participaron na inauguración deste singular espazo de integración, adaptado plenamente para o acceso dos nenos con diminucións físicas.
PLENO MUNICIPAL
Pontepedriña tamén contará cunha área de rehabilitación integral de vivendas
O Pleno da Corporación municipal aprobou a solicitude de declaración de área de rehabilitación integral (ARI) dos grupos de vivendas Compostela e Quiroga Palacios, en Pontepedriña. Esta actuación permitirá reformar 374 pisos, distribuidas en 41 edificios, nos que viven case 900 persoas.
PARQUES E XARDÍNS
Ábrese o Parque Infantil da Constitución
Un novo espazo infantil únese á oferta lúdica de Santiago. Trátase do Parque da Constitución, que será inaugurado oficialmente o martes 23, ás 19:00 horas. Este parque nace adaptado plenamente para o acceso dos nenos con diminucións físicas, convertíndonse no terceiro destas características co que conta a cidade, tralos da Alameda e de Fontiñas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nova edición de Compostela Activa
O departamento de Promoción Económica e Emprego pon en marcha unha nova edición de Compostela Activa, unha iniciativa que pretende "reducir o desemprego e fortalecer o tecido produtivo de Santiago", en palabras do seu responsable, Xosé Manuel Iglesias. O programa conta cun concurso de ideas empresariais e cunha liña de incentivos.
CULTURA
O Teatro Principal acolle unha función benéfica de "Esperando a Godot"
O Teatro Principal acolle unha función benéfica en beneficio dos Comités de Solidariedade de Galiza (COSAL). Talía Teatro representará a obra Esperando a Godot e a cita é o mércores 24 de maio ás 21:00 horas.
EIXO ATLÁNTICO
Presentadas as accións do programa comunitario Mobilitas
O alcalde de Santiago e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación aos medios de comunicación do Programa Mobilitas, un proxecto ao abeiro da iniciativa comunitaria Interreg III A (Subprograma Galicia-Norte de Portugal). O acto celebrouse no Museo do Pobo Galego.
ALCALDÍA
A duquesa dell’Aquila d’Aragona visita Santiago de Compostela
A duquesa Maria Luisa Gaetani dell ´Aguila d´Aragona, organizadora dunha exposición sobre o Camiño de Santiago no palacio Chiostro del Bramante de Roma, visita Santiago de Compostela xunto a un grupo de nobre italianos.