TURISMO
Turismo de Santiago adhírese ao Consorcio Herit Data para a xestión sostible do patrimonio
Trátase dun acordo enmarcado no proxecto europeo Interreg Mediterranean que permitirá a Turismo de Santiago intercambiar coñecementos e resultados na medición dos impactos do turismo.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia vicaria
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polo neno asasinado onte en Sueca (Valencia), vítima de violencia vicaria.
CONSORCIO
Un libro coeditado polo Consorcio de Santiago e a editorial Andavira afonda na figura do prateiro compostelán Ricardo Martínez Costoya
A obra de Ana Pérez Varela, gañadora do VI Premio de Ensaio Histórico "Domingo Fontán", foi presentada onte nun acto na sé da Real Sociedade Económica de Amigos do País que contou coa presenza do alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local adxudica dúas novas obras na zona rural
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación de dúas novas obras na zona rural, por un importe de 641.846 euros. Tamén se adxudicaron 13 solicitudes de renovación da autorización de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para 2022, que se suman ás 27 aprobadas a semana pasada.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia avanzan na ampliación do polígono da Sionlla
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, para avanzar en temas como a ampliación do polígono da Sionlla ou a ampliación das áreas de rehabilitación integral.