INNOVACIÓN

O Concello asina un convenio con Vodafone para o control da xestión dos residuos

04/04/2015

O Concello de Santiago vén de firmar un convenio coa empresa Vodafone para a realización dunha proba piloto no ámbito da xestión de residuos. Este proxecto está enmarcado na plataforma Vodafone Cidade Conectada, que ofrece ás cidades o desenvolvemento de servizos intelixentes que incrementan a eficiencia, a xestión e a habitabilidade das mesmas. O acordo foi subscrito polo alcalde, Agustín Hernández, e polo director en Galicia de Vodafone, Miguel Fernández Ares.

Ler máis

TURISMO

A televisiva Churra Costa conduce o obradoiro "Merco, cociño e como con..." en Compostela Gastronómica

04/04/2015

O obradoiro "Merco, cociño e como con..." abrirá o programa de actividades da nova edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega. O xoves 16 de abril, de 11:30 a 14:00 horas, e xunto á televisiva Churra Costa, os participantes farán un percorrido e comprarán diversos produtos no Mercado de Abastos de Santiago, para despois cociñar e finalmente degustar varias receitas tradicionais da cultura gastronómica galega. Pratos cotiáns, pero cunha historia especial que Churra...

Ler máis
Compartir: