EMPREGO

Compostela celebra o Foro da Intermediación e o Emprego os vindeiros días 29 e 30 de abril

25/04/2015

Santiago de Compostela celebra os vindeiros días 29 e 30 de abril o Foro da Intermediación e o Emprego, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións. Promovido pola concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo a través da Axencia Local de Colocación, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego e cofinanciada polo FSE, esta iniciativa ten coma obxectivo favorecer a mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas demandantes de emprego e informar sobre recursos e...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde sumouse ao Camiño da Diversidade

25/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no xantar organizado no Monte do Gozo pola Fundación Ingada. Máis tarde, uniuse á parte final do percorrido do Camiño de Santiago, que nesta ocasión se transformou nun Camiño da Diversidade, ata chegar á praza do Obradoiro.

Ler máis

ALCALDÍA

Monicreques xigantes protagonizaron unha innovadora versión de "Romeo e Xulieta" coa Real Filharmonía de Galicia

25/04/2015

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebrou un concerto familiar na Cidade da Cultura, baixo a dirección do mestre romanés Mihnea Ignat. A formación estivo acompañada nesta ocasión da compañía Títeres Per Poc para representar fragmentos de Romeo e Xulieta. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, achegouse ata o Museo Centro Gaiás para asistir ao concerto.

Ler máis
Compartir: