XUNTA DE GOBERNO

Case 500.000 euros para o novo campo de herba artificial de Conxo

06/03/2015

A Xunta de Goberno iniciou o procedemento para contratar dúas obras que permitirán a reforma integral do campo de fútbol a carón do Psiquiátrico de Conxo. Ademais da súa conversión en campo de herba artificial, contémplanse unha remodelación das redes e servizos. Ambas intervencións supoñen un investimento total de 496.850 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Hernández afirma que a reurbanización de Carretas permitirá a reconversión dunha rúa con tráfico para integrala na rede peonil do núcleo histórico

06/03/2015

O alcalde de Santiago anunciou a adxudicación da obra de reurbanización da rúa Carretas, por un importe de 622.482 euros e un prazo de execución de cinco meses. Segundo explicou Agustín Hernández, esta actuación "vén a darlle resposta a unha vella demanda veciñal encamiñada á peonalización da rúa, permitindo só o acceso a residentes, mercadorías e servizos públicos".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A intervención en Santa Clara completará a reurbanización do ámbito da Almáciga

06/03/2015

O Goberno local aprobou o proxecto para a mellora do acceso a zonas altas da Almáciga no ámbito de Santa Clara. Esta intervención, explicou o alcalde, Agustín Hernández, "dálle continuidade ao proxecto integral para a mellora desta zona norte da cidade, que ten actualmente en execución o tramo entre Basquiños e A Pastoriza, e en licitación o comprendido entre a praza da Paz e Basquiños".

Ler máis

CULTURA

"Pedro e o lobo", pola Banda Municipal e Fantoches Baj, no ciclo Infantil & Familiar

06/03/2015

Este 7 de marzo, ás 18:30 horas, a Banda Municipal presentará no Auditorio de Galicia xunto a compañía de monicreques Fantoches Baj a adaptación en galego do clásico e popular conto Pedro e o lobo, de Serguéi Prokófiev. Será dentro do ciclo Infantil & Familiar e con este concerto a Banda Municipal remata o seu ciclo de inverno e empraza a todo o seu público, para o próximo domingo 22 de marzo, ao primeiro concerto do ciclo de primavera.

Ler máis

CULTURA

Teatro, música e humor na programación cultural para esta fin de semana

06/03/2015

A programación cultural para esta fin de semana ofrece música, teatro e humor con eventos de distintos ciclos. Sábado teremos teatro do Bono de Teatro Galego con Psicópata na Zona C e Juntos y separados do ciclo Teatro 2015 no Auditorio Abanca; e cita con Falabaratos, que nos trae ao Teatro Principal o Cómicamente de Alex Clavero, Sara Escudero e David Amor. Domingo, nova función de Psicópata na Zona C e concerto de Eli "Paperboy" Reed Trío na Sala Capitol dentro do ciclo Sons’15.

Ler máis

EDUCACIÓN

Concerto da Banda e do Conxunto de Música Tradicional da Escola Municipal de Música

06/03/2015

Este domingo 8 de marzo, ás 13:00 horas, na praza do Toural, terá lugar a primeira entrega do Ciclo de Concertos das Agrupacións Instrumentais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, Música na Cidade. Neste concerto, enmarcado nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, participarán a Banda (integrada por máis de 35 alumnos/as) e o Conxunto de Música Tradicional (formado por 15 músicos).

Ler máis
Compartir: