DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

A nova ordenanza de licenzas axilizará a posta en marcha de actividades e contribuirá a dinamizar a actividade económica

18/03/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, xunto co director técnico da Área, Ignacio Soto, presentou a nova Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, aprobada inicialmente a pasada semana pola Xunta de Goberno. Esta norma axilizará a tramitación na posta en marcha das actividades e obras de acondicionamento de locais, eliminando trabas burocráticas innecesarias, liberalizando o exercicio de actividades de servizos, en sintonía cos...

Ler máis

ECONOMÍA

O concurso de promoción da cultura emprendedora entre estudantes "Desafío SCQ" abre o prazo de inscrición

18/03/2015

A Concellería de Economía convoca, no marco do programa Santiago Investors Support, o concurso Desafio SCQ, co fin de fomentar a cultura emprendedora entro os estudantes e xerar vínculos entre estes e empresas do Concello de Santiago de Compostela. A convocatoria do concurso está aberta a todo o alumando de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Santiago, que conformen un grupo de catro ou cinco membros, titorizados por un docente do seu centro para desenvolver un dos desafíos propostos.

Ler máis

CULTURA

Cancelado o concerto de Richard Bona por enfermidade do artista

18/03/2015

A axencia de Richard Bona vén de anunciar ao Concello que se ven na obriga de cancelar a xira española do artista camerunés prevista este mes de marzo por motivos de saúde. Queda cancelado, polo tanto, o concerto previsto para este domingo, 22 de marzo, no Teatro Principal, dentro do ciclo Jazz 1906.

Ler máis

CONSORCIO

A violinista rusa Alina Pogostkina formará neste instrumento a músicos galegos

18/03/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, a afamada violinista rusa Alina Pogostkina formará neste instrumento tanto aos alumnos da escola como a intérpretes externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co violín.

Ler máis

CULTURA

Lars Vogt abre o Ciclo de Piano Ángel Brage

18/03/2015

O ciclo de Piano Ángel Brage, que se celebra dentro do Programa de Abono de Auditorio de Galicia, chega á súa VII edición. Inaugúrase este xoves 19 de marzo co alemán Lars Vogt, no Auditorio de Galicia. Tras el, o 24 de abril estará Herbert Schuch e pecharase o 14 de maio co debut en Compostela de Alexandre Tharaud. Todos serán ás 21.00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

Hernández destaca o traballo constante de Proxecto Home na procura da prevención, da inserción e da rehabilitación

18/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a VII Exposición "Arte e Solidariedade". XXV aniversario de Proxecto Home Galicia, que estará no Museo do Pobo Galego ata o 26 de abril. A mostra, segundo explicou, acolle arredor dun centenar de obras e de artistas que "estenden a súa sensibilidade máis alá das súas creacións, nun xesto que amplifica a calidade do seu traballo".

Ler máis
Compartir: