NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Conto Viaxeiro promoverá por terceiro ano o uso do galego entre os máis pequenos

20/02/2015

A Concellería de Normalización Lingüística pon en marcha a creación dun conto colectivo coa participación dos centros escolares da cidade. O obxectivo deste programa, dirixido a alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria, é achegar os nenos e nenas á lingua galega e ofrecerlles argumentos positivos para o seu uso a través da participación na construción do Conto viaxeiro.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Douscentos mil euros en axudas para rehabilitar 21 vivendas no Casco Histórico

20/02/2015

A Xunta de Goberno aprobou o programa e o borrador do acordo que regulará as novas liñas de axuda para rehabilitación de vivendas no ámbito da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico. Segundo explicou o alcalde, Agustín Hernández, o Concello asinará este documento co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dando así continuidade á figura das áreas de rehabilitación e permitindo aos posibles beneficiarios acceder ás novas liñas de financiamento previstas...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello prepara xa Curtocircuíto 2015

20/02/2015

Na súa sesión ordinaria dos venres, a Xunta de Goberno Local acordou iniciar os trámites ante a Deputación da Coruña para a sinatura do preceptivo convenio que permita financiar o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto 2015 e autorizar ao Auditorio de Galicia e ao seu director-xerente para levar a cabo a tramitación. En consonancia, tamén se decidiu aboarlle ao Auditorio de Galicia a subvención que se reciba por parte do organismo provincial para este fin, por importe de 112.000 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as bases das axudas para actividades comerciais en 2015

20/02/2015

As bases reguladoras das axudas para actividades comerciais neste ano 2015 contemplan unha partida de 50.000 euros, 5.000 máis que no exercicio anterior. A Xunta de Goberno aprobou o texto da convocatoria, así como a súa remisión para a publicación no Boletín Oficial da Provincia, momento a partir do cal se abrira o prazo de un mes para a súa solicitude.

Ler máis

CULTURA

Teatro con "O Crédito" e "Supermarket" e concerto de José González no programa cultural da fin de semana

20/02/2015

O programa cultural do Concello de Santiago para esta fin de semana ofrece teatro e música. Teremos función de O Crédito no Teatro Principal sábado e domingo, e o mesmo con Supermarket, pero na Zona C. Ambas están dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Ademais, haberá concerto de José González o sábado na Sala Capitol e dentro do ciclo Sons’15.

Ler máis
Compartir: