ECONOMÍA

O Concello dedica 65.000 euros a subvencións empresariais no programa Urbana Santiago Norte

29/09/2014

A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi o programa de axudas á creación e modernización de empresas dentro do proxecto Urbano Santiago Norte, dotado cun orzamento de 65.000 euros. Estas axudas enmárcanse nunha iniciativa máis ampla, denominada Mellorar e medrar en Santiago Norte, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro e que está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Grupo de Cidades Patrimonio presenta a segunda edición do programa pedagóxico para escolares "Aula de Patrimonio"

29/09/2014

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a segunda edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015. O obxectivo desta actividade, na que participaron preto de 400 alumnos na súa anterior edición, é que os mozos que viven e estudan nas Cidades Patrimonio aprendan a coñecer e valorar non só a súa propia cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola UNESCO, todo iso a través da realización de...

Ler máis

CULTURA

Laurent Naouri clausura o XV Ciclo de Lied no seu primeiro concerto en Galicia

29/09/2014

O XV Ciclo de Lied chega ao seu fin este martes 30 de setembro cun concerto moi especial, xa que se trata da primeira vez que poderemos escoitar en Galicia ao barítono parisiense Laurent Naouri. Naouri presenta o programa A chanson francesa e os seus poetas a partir das 20:30 horas no Teatro Principal, acompañado ao piano por Roger Vignoles. As entradas para este concerto teñen un prezo de 8 euros e poden mercase no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en

Ler máis
Compartir: