ALCALDÍA

O alcalde destaca que Compostela Gastronómica nace con tres valores diferenciais: o produto galego, a Praza de Abastos e os nosos cociñeiros

19/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, nun acto celebrado na Praza de Abastos e ao que tamén asistiron a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis. O obxectivo do evento, organizado por Turismo de Santiago, é amosar as posibilidades dos produtos e da restauración de Galicia como atractivos turísticos. Para isto empregarase o Mercado de Abastos como plataforma de promoción xa que, ao mesmo tempo, é o...

Ler máis

CULTURA

Nani García presenta o seu novo disco, "Serendipia", dentro do ciclo Sons’14 Jazz

19/09/2014

Tras a súa primeira publicación en trío, "Renaissance", Nani García estrea o seu segundo traballo con esta formación. Simón García no contrabaixo e Miguel Cabana na batería acompañan de novo a Nani nunha proposta orgánica baseada nas súas propias composicións, o que lle confire ao trío un son moi especial, orixinal e contundente. Trátase de Serendipia e poderemos escoitalo este sábado, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a un prezo de 10 euros...

Ler máis

CULTURA

Izal, Peter Broderick, Cápsula, Pablo und Destruktion, La M.O.D.A., Heavy Tiger, Arizona Baby, Elefantes e Supersubmarina no Compostela Rock 2014

19/09/2014

O ciclo Compostela Rock, un xa dos máis consolidados da programación cultural da cidade, retoma as súas propostas tras o verán o vindeiro xoves, 25 de setembro. Será con Izal e tras el poderemos escoitar a Peter Broderick, Cápsula, Pablo und Destruktion, La M.O.D.A., Heavy Tiger, Arizona Baby, Elefantes e Supersubmarina. Todos na Sala Capitol. As entradas para todos os concertos poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas. Ademais, despois cada concerto ten outros...

Ler máis
Compartir: