CULTURA
Talía Teatro estrea "Demolición", un espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó, dentro do ciclo Teatro&Danza
Talía Teatro pon en escena Demolición, o seu novo traballo escrito e dirixido por Cándido Pazó, dentro do ciclo Teatro & Danza. Será esta semana, mércores 11 e xoves 12 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. A obra foi presentada no Concello polo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; Cándido Pazó, autor e director do espectáculo; Artur Trillo, actor protagonista e director da compañía; e Toño Casais, actor protagonista. As entradas, a 10...
COMERCIO
O pequeno comercio de Conxo ofrece tres xornadas de descontos
A asociación de comerciantes de Conxo, Esperta Conxo, organiza a campaña Merca no teu barrio, na que, entre o mércores 11 e o venres 13 de xuño, 15 comercios do barrio ofrecerán descontos de ata o 30% nos seus produtos.
CONSORCIO
O Consorcio aproba as liñas mestras da nova temporada da RFG e do vindeiro curso da Escola de Altos Estudos Musicais
O Consorcio de Santiago celebrou a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Ángel Currás. Entre os temas abordados destaca a posta en coñecemento da temporada 2014-1015 da Real Filharmonía de Galicia e da actividade académica da Escola de Altos Estudos Musicais para o vindeiro curso. O organismo tamén informou das novas exposicións e publicacións nas que está a traballar e aprobouse un convenio de colaboración coa Asociación Peregrinos Musicais.