DEPORTES

O Concello acometerá este ano as obras no campo de fútbol situado a carón do Psiquiátrico de Conxo

14/03/2014

A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, e o edil de Depores, Adrián Varela, visitaron o campo que xestionará o Concello en virtude do convenio asinado coa Consellería de Sanidade o pasado 12 de novembro. Unha das principais mellora consistirá no cambio do campo de terra por herba sintética. En total investirase medio millón de euros.

Ler máis

URBANISMO

A rúa Raxoi experimentará unha completa reurbanización

14/03/2014

A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentou o proxecto de reurbanizción da rúa Raxoi, segunda fase, que contará cunha inversión de 110.571,39 euros (IVE engadido). O prazo de execución é de catro meses.

Ler máis

DEPORTES

Santiago acolle este sábado a primeira proba de BTT nocturna que se celebra en Galicia.

14/03/2014

Arranca así o I Campionato BTT Cidade de Compostela, que terá dúas probas máis en maio e xuño.
Un total de 300 corredores medirán a súa habilidade sobre as súas bicicletas de montaña a partir das 20h. e nun circuíto pechado que cubrirá unha distancia total de aproximadamente 25,5 km.
A proba terá como aperitivo previo unha Mini BTT Infantil para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos.

Ler máis

NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

O IES Parga Pondal, de Carballo, gaña a fase de zona do Club de Debate

14/03/2014

Na fase clasificatoria da zona de Compostela do Club de Debate que tivo lugar ao longo de todo o día de hoxe no Concello de Teo, as rapazas e rapaces do IES Parga Pondal, de Carballo, e do IES Plurilingüe de Ames, foron os clasificados en primeiro e segundo lugar, respectivamente, e pasan á final galega que terá lugar o 26 de abril en Ferrol

Ler máis
Compartir: