NADAL

A pista de xeo será de balde os días 24 e 31 de decembro

22/12/2014

O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta os días 24 e 31 deste mes de decembro para que todos aqueles que queiran achegarse ata a Alameda poidan disfrutar da pista en dúas datas sinaladas. Será en horario continuo de 10:00 a 19:30 horas.

Ler máis

CONSORCIO

Belén Hernández, nomeada nova xerente do Consorcio de Santiago

22/12/2014

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados na orde do día, nomeouse a Belén Hernández como nova xerente do Consorcio de Santiago.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde agradece aos traballadores xubilados o seu traballo en prol da cidade

22/12/2014

Chegadas as datas do Nadal e de final do ano, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio son recibidos en Raxoi. Así aconteceu un ano máis nun acto celebrado no salón nobre, no que o alcalde e outros membros da Corporación lles entregaron unha placa en recoñecemento ao seu labor durante anos no Concello de Santiago.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago contará nun prazo de seis meses cun Plan Director dos parques e xardíns da cidade

22/12/2014

O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, ven de anunciar hoxe que o Concello, a través do actual contrato de mantemento das zonas verdes, iniciará a redacción dun Plan director dos parques e xardíns de Santiago, que conta cun investimento para a súa redacción de 144.085 euros. O traballo será realizado por un dos arquitectos e paisaxistas de maior prestixio do no país, Iñaki Alday.

Ler máis
Compartir: