EDUCACIÓN

Aberto o prazo de inscrición no programa municipal de conciliación de Nadal

24/11/2014

A partir deste luns 24 de novembro e ata o venres 5 de decembro estará aberta a inscrición no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2014. A concelleira de Educación, María Corral, presentou esta iniciativa, que comprenderá un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer que se desenvolverán durante dez xornadas no CEIP As Fontiñas.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde fixa a revitalización da cidade histórica como o principal obxectivo da revisión do Plan Especial

24/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, deron conta da adxudicación do contrato para a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica de Santiago de Compostela. Avánzase así, cara a disposición dun "instrumento actualizado que permitirá xestionar axeitadamente o noso principal activo patrimonial, turístico e económico, dando resposta ás novas esixencias ás que se enfronta o Casco Histórico", indicou o rexedor...

Ler máis

COMERCIO

O Concello crea unha páxina web para dinamizar o barrio de San Pedro

24/11/2014

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi a nova web do Barrio de San Pedro, www.barriosanpedro.eu, desenvolvida polo Concello dentro do Urbana Santiago Norte, que conta co cofinanciamento da UE a través dos Fondos Feder. A novo espazo web nace a petición dos propios veciños e empresarios de San Pedro, e especialmente da Asociación A Xuntanza, que demandaban un espazo en Internet que permitise a promoción comercial do barrio.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana varios concertos para nenos con obras que xiran en torno á danza

24/11/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana tres concertos didácticos dirixidos a nenos de 5 a 12 anos, en concreto estudantes de terceiro de infantil a sexto de primaria. O primeiro será este martes, ás 11:00 horas. Os outros dous terán lugar o mércores e o xoves, á mesma hora. Ademais, o sábado día 29, ás 18:00 horas, a orquestra ofrecerá a mesma actuación, neste caso para o público familiar. As diferentes citas serán no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e a batuta...

Ler máis

CONSORCIO

Proxección dun vídeo na cristaleira do Museo das Peregrinacións con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

24/11/2014

O Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase este martes, 25 de novembro. Con motivo desta data, o Consorcio de Santiago cede as instalacións do Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na praza das Praterías, para a realización dun acto simbólico. Na cristaleira da fachada do edificio mostraranse unhas fotografías e proxectarase un vídeo para sensibilizar sobre este problema social. Será no horario habitual do museo, durante a mañá de 10:00 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00...

Ler máis

SEGURIDADE E MOBILIDADE

A Policía Local comeza unha campaña de vixilancia do transporte escolar

24/11/2014

A Policía Local de Compostela adhírese á campaña de Vixilancia do Transporte Escolar e de menores, que terá lugar entre os días 24 e 30 de novembro, posta en marcha pola DXT. Santiago será unha das cidades onde se levarán a cabo estes controis especiais, sendo os axentes de Policía Local os que montarán os dispositivos nas vías urbanas con tal efecto.

Ler máis

CULTURA

Nils Malmros recibe o Premio Cineuropa

24/11/2014

Este martes, o festival Cineuropa entrega o último dos seus premios, dedicado nesta ocasión a Nils Malmros, o cineasta que se sentou cinco días ao noso carón a ver o seu cinema para logo falar sobre el. A cerimonia, á que seguirá un novo pase de Sorrow and Joy, terá lugar no Salón Teatro ás 20:45 h. Malmros recibirá o premio de mans da concelleira de Cultura, María Antón.

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández destaca a contribución da Escola de Altos Estudos Musicais para "impulsar e fortalecer a calidade e a excelencia musical na nosa cidade"

24/11/2014

A Escola de Altos Estudos Musicais celebrou a inauguración do curso 2014-2015 do centro. Ao acto asistiron o alcalde, Agustín Hernández; o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez; a vicerreitora de Estudantes da Universidade de Santiago, Mª Dolores Álvarez; e o director asociado da Escola, Maximino Zumalave. Ao remate, o grupo de cámara de vento do curso de pograo de Especialización Orquestral do centro (recoñecido como título propio pola USC) interpretou a Serenata do compositor húngaro Ferenc Farkas.

Ler máis
Compartir: