CULTURA

Santiago acollerá a II edición de Cuarto Público, unha singular feira de arte contemporánea

16/10/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, asistiu á rolda de prensa de presentación da segunda edición de Cuarto Público, Feira de Arte Contemporánea, que se celebrará no Hotel NH Obradoiro os días 28, 29 e 30 de novembro. Tamén participaron no acto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director do Hotel, Esteban Iglesias; e as directoras da Feira, Patricia Amil, Paula Cabaleiro e Xulia Santiso.

Ler máis

ALCALDÍA

Concello e empresas locais buscarán unha ferramenta para mellorar a xestión enerxética das infraestruturas dos servizos municipais

16/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou esta mañá un convenio de colaboración cun consorcio de empresas locais de I+D+i para a redución de emisións de CO2, no marco do proxecto Zero Emissions Cities (ZEC). Esta iniciativa permitirá adoptar medidas de mellora da xestión enerxética e deseñar luminarias para os sistemas de alumeado público e mobiliario intelixentes.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello colabora na campaña "Cremos en Santiago" co obxectivo de impulsar o consumo nos comercios da cidade

16/10/2014

SabadellGallego porá en marcha a campaña Cremos en Santiago, para dinamizar durante todo o ano o sector do comercio e o consumo en Santiago de Compostela. O director rexional en Galicia de SabadellGallego, Juan Moríñigo, e outros directivos da entidade reuníronse esta mañá co alcalde de Santiago, Agustín Hernández, a quen presentaron as características desta campaña, da que poderán beneficiarse todos os comercios da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibiu unha delegación de participantes no programa Comenius

16/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no salón vermello un grupo de integrantes do programa Comenius, no que participa o IES Xelmírez I. O grupo estaba formado por 60 persoas (20 alumnos e 13 profesores estranxeiros de 6 países europeos, e 21 alumnos e 6 profesores do IES Xelmírez).

Ler máis

SOLIDARIEDADE

ABAGAL celebra a súa Gala da Diversidade

16/10/2014

A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL) presentou en rolda de prensa a súa VIII Gala da Diversidade, que se celebrará este domingo 19 de outubro, ás 17:30 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. A entrada pódese adquirir no despacho de billetes a un prezo solidario de 6 euros.

Ler máis

CONSORCIO

Nenos de entre 6 e 12 anos poderán construír a Compostela actual e futura con materiais reciclados no Museo das Peregrinacións

16/10/2014

O Consorcio de Santiago vai celebrar no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) un total de 36 obradoiros didácticos para nenos, todas as fins de semana dende outubro ata mediados do mes de decembro. Esta iniciativa diríxese a rapaces de entre 6 e 12 anos. Ten como obxectivo achegar a historia de Compostela aos máis pequenos, mediante experiencias lúdicas e enriquecedoras artelladas en torno a unha serie de propostas diferentes.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile" no CSC do Castiñeiriño

16/10/2014

Un sábado máis, os centros socioculturais acollen sesión do programa Imos ao baile 2014, actividade para maiores promovida polos departamentos de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Desta vez a cita é no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, este sábado 18 de outubro, ás 17:30 horas.

Ler máis

CULTURA

Segunda edición en Compostela do Outlet do Libro Galego do 18 ao 26 de outubro

16/10/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, presentou na Casa do Concello o Outlet do Libro Galego, que se celebrará do 18 ao 26 de outubro, organizado polo Concello de Santiago, a Asociación Galega de Editores e a Libraría Pedreira. Na presentación participaron tamén Xosé Aldea, editor e responsable dos Outlet pola Asociación Galega de Editores, da que é subdirector, e Antón Pedreira, da Libraría Pedreira, que xestiona o Outlet en Santiago.

Ler máis
Compartir: