ECONOMÍA

O Cersia acolle unha xornada sobre as novas bonificacións á Seguridade Social para empresas por persoal investigador

13/10/2014

A concelleira de Emprego, Reyes Leis, presentou a Xornada "Bonificacións á Seguridade Social por persoal investigador: entrada en vigor", impartida por EQA (entidade certificadora acreditada por ENAC) e que se celebrará no edificio Cersia este mércores, 15 de outubro, entre as 11:00 e as 13:30 horas. Javier López, responsable de EQA en Galicia, explicou os detalles desta sesión, dirixida fundamentalmente a centros tecnolóxicos, clusters e PEMES innovadoras.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde fai un chamamento á unidade das forzas económicas e sociais da cidade na defensa das infraestruturas pendentes

13/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na reunión do Foro Cívico Empresarial, celebrada na sede da Cámara de Comercio. Tivo a oportunidade así de detallarlle aos presentes o actual estado das diversas infraestruturas pendentes na cidade e fixo un chamamento á unidade e á responsabilidade das forzas económicas, políticas, sociais, académicas e profesionais da cidade na defensa, dende unha perspectiva realista, das infraestruturas pendentes da cidade.

Ler máis

CULTURA

As arpistas Frédérique Cambreling e Bleuenn Le Friec protagonizan a estrea en España de "Freud", de Karlheinz Stockhausen

13/10/2014

As arpistas Frédérique Cambreling e Bleuenn Le Friec protagonizan a estrea en España de Freude, unha obra concibida por un dos grandes mestres da vangarda musical da segunda metade do século XX: Karlheinz Stockhausen. Será este martes 14 de outubro, a partir das 20:30 horas, na igrexa da Universidade, nun concerto baixo o título Freude_Stockhausen: "alegría" para dúas arpas. A entrada ao concerto será de balde, previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18:00 a...

Ler máis
Compartir: