CENTROS SOCIOCULTURAIS

Renovados 70 ordenadores nas aulas de informática dos centros socioculturais

17/07/2013

Rematouse a instalación dos novos equipos informáticos na rede de centros socioculturais, de xeito que estarán listos para o inicio do novo curso. Así, foron postos a disposición dos veciños nos centros 70 ordenadores, que substitúen os máis antigos da rede, tal como anunciara o concelleiro de centros socioculturais, Francisco Noya, atendendo a demanda das asociacións veciñais.

Ler máis

COMERCIO

O Concello amosa a súa dispoñibilidade a potenciar o mercado "Entre lusco e fusco"

17/07/2013

A concelleira de Comercio e Mercados, Reyes Leis, visitou o mercado de proximidade Entre lusco e fusco, que cada martes se celebra no Parque de Belvís. A edil expresoulle o seu apoio aos comerciantes desta feira e comprometeuse a estudar con eles fórmulas de promoción do mercado, dos seus produtos de temporada e das súas actividades divulgativas.

Ler máis

MERCADOS

Reyes Leis analizou cos gandeiros a situación do recinto feiral de Amio

17/07/2013

A concelleira de Mercados, Reyes Leis, visitou o Mercado de Amio para coñecer o estado actual do recinto e as súas necesidades. Na súa visita reuniuse con membros das asociacións Astragal e Agega, que representan á maioría dos gandeiros que operan cada mércores no mercado, o máis importante de Galicia e un referente tanto en España coma en Europa.

Ler máis

ALCALDÍA

Sete nenos e nenas saharauís viven as súas "Vacacións en paz" en Santiago

17/07/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e outros membros da Corporación recibiron a tres nenas saharauís que están a participar en Santiago no programa Vacacións en paz. No encontro participaron tamén as súas familias acolledoras; a representante da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla; e o delegado saharauí para Galicia, Alali Emboiric Mohamed.

Ler máis

REAPERTURA

Unha nova oportunidade de verán para descubrir o museo da Casa da Troia

17/07/2013

As concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez acompañaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na visita que realizou á Casa da Troia, o emblemático museo romántico compostelán que no seu tempo acolleu unha intensa vida estudantil decimonónica novelada por Alejandro Pérez Lugín na súa obra homónima.

Ler máis
Compartir: