CULTURA
Á venda os abonos para "Todo Lírica", a novena edición do tradicional Festival de Zarzuela de Santiago
Puxéronse á venda no servizo telefónico de Caixa Galicia (teléfono 902 434 443) os abonos para o ciclo Todo Lírica (a novena edición do tradicional Festival de Zarzuela de Santiago de Compostela) que se desenvolverá nesta cidade durante o Nadal, organizado pola concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica. O abono para os cinco concertos ten un prezo de 20 euros. As entradas soltas para cada un dos concertos poden adquirirse a partir do 18 de decembro a un prezo de 6 euros. Tanto as entradas como os...
TRANSPORTES
"Tes máis bus", a nova campaña de promoción do transporte público urbano
A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), pon en marcha unha nova campaña dirixida a fixar a imaxe para o transporte urbano e a promover o seu uso entre os cidadáns. A campaña diríxese prioritariamente á franxa de idade comprendida entre os 30 e os 50 anos.
BENESTAR SOCIAL
Unha mesa redonda na Casa das Asociacións aborda o crecente impacto das redes sociais de internet
O xoves, 3 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa das Asociacións, en Cornes, terá lugar a mesa redonda "Redes sociais, Facebook, Tuenti...: a cara oculta dos amigos dos meus fillos". Este foro, organizado pola Coordinadora de traballo en Rede Barrio de Conxo-Milladoiro coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, abordará o alcance destas redes e ofrecerá aos pais e educadores información sobre a repercusión das mesmas nas condutas dos seus fillos e alumnos. A entrada...
ALCALDÍA
O alcalde preséntalles o Urbana Santiago Norte ás asociacións e entidades da zona
O Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite acollerá maña xoves, ás 20:00 horas, unha xornada de presentación do Proxecto Urbana Santiago Norte ás asociacións e entidades da zona norte de Santiago de Compostela.
CULTURA
Teatro do Atlántico leva a Friel e Chéjov ao Principal na súa 25ª tempada
O amor como dependencia e a mentira como mecanismo de supervivencia. Estes son os dous temas principais que trata O xogo de Yalta. Afterplay, a nova montaxe de Teatro do Atlántico que se pon en escena o xoves 3 e o venres 4 ás 21:00 horas no Teatro Principal.
URBANISMO
"UrbanLAB#1" promove unha reflexión crítica sobre o desenvolvemento do tecido urbano da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o foro UrbanLAB#1. Compostela como laboratorio urbano, que se desenvolverá na Factoría Compostela, na rúa da Conga, 9, do 2 ao 4 de decembro. Este laboratorio experimental contará con varios relatorios e debates en torno a temas como a cidade e os símbolos, a sustentabilidade creativa ou a identidade cultural e a globalización.
CONSORCIO
A Real Filharmonía participa en Madrid no Ciclo "Orquestas y Solistas del Mundo"
A Real Filharmonía de Galicia viaxa a Madrid para participar, o xoves 3 de decembro, no Ciclo de Grandes Orquestras y Solistas del Mundo, organizado por Ibermúsica, un dos mellores ciclos de música de Europa.
FACENDA
O Concello aplicará coeficientes redutores no IBI do rural sen modificar a ordenanza fiscal
O Concello compostelán aplicará coeficientes redutores no imposto de bens inmobles (IBI) aplicado ao rural, pero non modificará a ordenanza fiscal. A medida escollida polo Concello será efectiva a partir do 1 de xaneiro de 2010.