ALCALDÍA
A avenida de Castelao contará con nove pasos peonís, nova rotonda e tres carrís no seu último tramo
A reurbanización da avenida de Castelao vai transformar este travesía nunha avenida urbana, máis segura, con máis servizos e, en definitiva, con máis calidade de vida. Xa están en marcha as obras nesta rúa, que afecta a un ámbito de 1.200 metros de longo e que teñen un custo de 2.254.419 euros máis IVE.
EMPREGO
O Centro de Formación de Sanxuás de Aríns recibe a Certificación de Calidade
O Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns conta xa co Certificado de Calidade UNE-EN-ISO 9001:2008. A certificación recolleuna o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias de mans de Ignacio Martínez, xerente de EQA (European Quality Assurance), nun acto celebrado no pazo de Raxoi.
ALCALDÍA
O Centro Cultural-Social Xoán XXIII convértese tamén nun centro de día
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo inaugurou a remodelación do albergue do Centro Cultural-Social Xoán XXIII. A instalación amplía así o seu servizo de acollida nocturna de transeúntes para converterse nun centro de día.
CULTURA
Un caderno didáctico achega a figura de Ánxel Casal á cidadanía
Un 17 de decembro de 1895 nacía Ánxel Casal, intelectual, editor e político compostelán. 114 anos despois, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o libro Ánxel Casal Gosende. O editor de Nós, un caderno de fácil manexo e de vontade didáctica que busca "facer ese refrescado da memoria para poñer a Casal en relación cos espazos e os acontecementos históricos da cidade".
FESTAS
A Concellaría de Festas presenta un programa de animación para o Nadal centrado nos máis pequenos
O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o programa de actividades para este Nadal, con abundantes pasatempos para os máis pequenos. Pero tamén anunciou outros eventos coma o Festival de Corais ou o espectáculo multimedia previsto para o fin de do ano.
ALCALDÍA
Os Premios Vagalume recoñecen o labor social da Asociación Gondwana e do artesán Francisco Javier Otero
A Asociación Gondwana, na categoría colectiva, e o mestre artesán Francisco Javier Otero, foron os gañadores dos XVII Premios Vagalume. Estes galardóns recoñecen o traballo de colectivos ou persoas individuais que desenvolven as súas actividades cunha clara vocación social en Santiago.
ALCALDÍA
Recoñecemento aos traballadores das empresas de servizos municipais
Como vén sendo tradicional, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os integrantes das empresas de servizos municipais. A todos eles agradeceulles o traballo realizado en 2009 e desexoulles un bo Nadal.