PROMOCIÓN ECONÓMICA
O programa Crear V orientará a 75 persoas na busca de emprego
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Proxecto Crear V, que ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral a persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción: mulleres, mozos sen emprego anterior, desempregadas/os de longa duración, inmigrantes e emigrantes retornados e mulleres e homes con algún tipo de discapacidade. Este programa experimental de emprego contará con 75 participantes.
EDUCACIÓN
Normalidade no inicio dun curso escolar no que aumentou a matrícula
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, constatou hoxe a normalidade coa que se iniciou o curso nos colexios públicos da cidade. A edila visitou dous centros, o Pío XII e o CEIP de Fontiñas e por último desprazouse ata a escola infantil deste barrio.