CONSORCIO E MEDIO AMBIENTE
O Consorcio asina un convenio co Concello para iniciar diversas actuacións nos parques da Selva Negra e Granell
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo asinou un convenio de colaboración coa concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para realizar o acondicionamento e posta en valor para uso público da área natural da Selva Negra, lindeira coa Granxa do Sexto, e outra para promover a construción dun edificio de servizos no Parque Eugenio Granell.
TURISMO
Santiago e Braga unidas pola gastronomía
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a vereadora de Turismo e Actividades Económicas de Braga, Ana Paula Pereira, presentaron a campaña turística "Braga á Mesa" e o protocolo de colaboración entre o Concello de Santiago e o Concello de Braga.
CULTURA
Máis títulos que nunca nun Cineuropa comprometido co seu tempo
Presentouse a XXII edición de Cineuropa, que se inaugurará oficialmente o martes 4 de novembro, coa proxección de A noite que deixou de chover, de Alfonso Zarauza. Na edición de 2008, o Festival proxectará unha cifra récord de filmes, máis de 250, entre os que destaca a sección Panorama Galiza.
DEPORTES
Remata o prazo de solicitudes das Bolsas para a Formación e Perfeccionamento dos deportistas composteláns
O prazo de solicitudes das Bolsas para a Formación e Perfeccionamento dos deportistas individuais composteláns 2008, convocadas pola Fundación Compostela Deporte, remata o venres 7 de novembro. A cuarta edición desta convocatoria conta cunha dotación orzamentaria total de 30.000 euros, que serán outorgados en réxime de concorrencia competitiva.
ALCALDÍA
O Concello colaborará coa Asociación Fuco Buxán nun acto solidario en solidariedade con Cuba
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á Asociación Cultural Fuco Buxán. Os seus representantes presentáronlle o seu proxecto para xuntar fondos destinados a axuda urxente para Cuba.